Charles Rupert Stockard, nado en Stoneville (Mississippi) o 27 de febreiro de 1879 e finado o 7 de abril de 1939, foi un anatomista e zoólogo estadounidense."The Charles Rupert Stockard, PHD (1879–1939) Papers". Medical Center Archives of New York-Presbyterian/Weill Cornell.

Traxectoria

En 1906 entrou a formar parte do Departamento de Anatomía do Cornell Medical College. Converteuse en profesor de anatomía en 1911. Foi o presidente da Asociación Americana de Anatomistas (1928–1930). Estudou zooloxía nas clases de Thomas Hunt Morgan.Garraty, John Arthur; Carnes, Mark Christopher. (1999). American National Biography, Volume 20. Oxford University Press. p. 804 Recibiu o seu doutoramento (PhD) en zooloxía na Universidade de Columbia en 1906. Pasou anos realizando experimentos sobre os efectos do alcohol sobre as células xerminais, embrións e a descendencia. Comprobou os efectos da intoxicación alcohólica sobre os fillos de coellas de Indias preñadas. Descubriu que unha intoxicación alcohólica repetida nas coellas de Indias producía defectos e malformacións nos seus fillos que, segundo el, se transmitían a dúas ou máis xeracións posteriores. Os seus resultados foron postos en dúbida polo biólogo Raymond Pearl, que realizou os mesmos experimentos con polos.Blumberg, Mark S. (2010). Freaks of Nature: And What They Tell Us about Evolution and Development. Oxford University Press. pp. 69–70. Pearl descubriu que a descendencia dos polos que foran expostos ao alcohol non era defectuosa senón sa. El atribuíu os seus descubrimentos aos efectos prexudiciais do alcohol soamente sobre as células ovo e espermatozoides que xa eran débiles; as células ovo e espermatozoides fortes non eran afectados pola intoxicación alcohólica. Pearl argumentou que os seus resultados tiñan unha explicación darwinista e non lamarckista.

Outros experimentos polémicos de Stockard foron producir teratoloxía en fetos ao inducirlles hipoxia ás nais.Macorini, Edgardo. (1988). The History of Science and Technology: 1900–1970. Facts on File. p. 564

Foi o director editorial do American Journal of Anatomy e o coeditor do Journal of Experimental Zoology.Hinsey, Joseph C. (1940). Professor Charles Rupert Stockard. The Anatomical Record. 76: 1–7. Stockard foi elixido membro da National Academy of Sciences dos Estados Unidos en 1922 e da American Philosophical Society en 1924.

Publicacións Hormones and Structural Development (1927) The Physical Basis of Personality (1931)

Notas

Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Anatomistas