Stéphane Levallois é un debuxante de cómics francés nado 25 de agosto de 1970 en París. Traballa en banda deseñada, a cine e tamén en publicidade.

Traxectoria Foi estudante na Escola de Artes Gráficas de Penninghen, onde os seus profesores incluían o cartelista polaco Roman Cieslewicz, e onde despois deu clases de debuxo técnico. Noé é a súa primeira banda deseñada, publicada por Éditions Les Humanoids Associés no ano 2000. Dirixiu unha curtametraxe chamada Carcan e estreada nos cines baixo o nome de Zéro Un.

Despois dos seus estudos, Stéphane Levallois realizou cursos de formación en imaxe xerada por ordenador e asinou carteis e ilustracións de películas. Uniuse á editora de videoxogos Cryo como director artístico.

Ao mesmo tempo, converteuse en guionista e creou deseños para publicidade e cine, traballando para directores como Marc Caro, Jan Kounen, Louis Leterrier, Peter Weber ou Wong Kar-wai.

No campo da publicidade, fixo deseños para Philippe Starck, Bruno Aveillan, John Galliano, Jean-Baptiste Mondino ou Hedi Slimane.

Obras

Bandas deseñadas

Noé, Les Humanoids Associés coll. " Tohu Bohu ", 2000 Monsieur Mouche Volume 2, guión de Jean-Luc Coudray, debuxos de Pierre Clément, Mezzo, Lorenzo Mattotti, Alex Barbier, Serge Clerc, Yoann, Philippe Druillet, Caza, Stéphane Levallois. Publicado por Zampano, 2005 Participou na obra colectiva Paroles de verdun, 21 février 1916 - 18 décembre 1916, xunto a Christophe Chabouté, Pascal Rabaté e outros deseñadores. Soleil Productions, 2007 Le résistande du Sanglier (A resistencia do xabaril), Futuropolis, 2008 Le dernier modèle, Futuropolis, 2007 Croc Croc na escola dos pequenos esqueletos, edicións Sarbacane, 2008 Raqueta, Futuropolis, 2015 Leonardo 2 Vinci, Futuropolis, Louvre Editions, 2019. Les disparues d'Orsay, por encargo del Museo de Orsay. Leonard2Vinci, homenaxe a Leonardo de ciencia ficción encargado polo Museo do Louvre.

Filmes

2002 Carcan. Esta primeira película forma parte dunha selección de dez curtametraxes estreadas nos cines baixo o título Zéro Un (estreada en DVD en febreiro de 2007). Carcan recibiu varios premios en Francia e no estranxeiro, entre eles o premio de curtametraxe Canal +. 2006 : Butterfly, segunda curtametraxe súa.

Para estudos estadounidenses, traballou como deseñador, especialmente en Wrath of the Titans (Ira de titáns), Pirates of the Caribbean 4 e as dúas últimas de Harry Potter. Tamén participou na series Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter e colaborador habitual de Ridley Scott ou Bryan Singer.

Ilustracións e exposicións

Ilustracións para Cycle d'Oz de L. Frank Baum (Cherche-Midi). Nato Records encomendoulle unha serie de ilustracións para a reedición dos dous discos de Violeta Ferrer Poemas de Federico García Lorca que foron obxecto dunha exposición. En 2009, deseñou para o disco de Jef Lee Johnson The Zimmerman Shadow . Deseñou o libreto de How the light gets in de Fantastic Merlins e Kid Dakota e participou en On the Origin of the World de Tony Hymas. O campo de arroz de Laurence Ottenheimer, ilustracións con Christine Adam inspiradas libremente nas obras do gran pintor xaponés Hokusai, Hachette Jeunesse, 1995. Ilustración para a marca de reloxos suíza Longines, unha bufanda cunha ilustración dunha dama cun sombreiro de plumas e xinetes e os seus cabalos correndo. Goya-Hellboy. Unha visión de iconografía Exposición en Badaxoz, Pamplona e na Afundación da Coruña, do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2024, combinando obras orixinais de Francisco de Goya, da serie Caprichos e Hellboy de Mike Mignola, celebrando o 30º aniversario do personaxe.

Videoxogo

Traballou de forma independente, sobre todo en Evil Twin, desenvolvido por In Utero para Ubisoft.

Notas

Véxase tamén

Stéphane Levallois en NatoMusic.fr

Categoría:Nados en París Categoría:Banda deseñada Categoría:Debuxantes Categoría:Deseñadores de Francia