Betty Davis, nada en Durham (Carolina do Norte) en 1944 e finada en Homestead (Pensilvania) o 9 de febreiro de 2022, foi unha pioneira do funk dos anos 70 e cantante profesional americana recordada polos seus tres discos publicados nesa década e polo seu matrimonio con Miles Davis.

Traxectoria Nada como Betty Mabry, pasou a súa infancia entre Carolina do Norte, Pittsburgh e Pensilvania, antes de mudarse a Nova York aos 17 anos. Foi nesta cidade onde comezou a estudar no Fashion Institute of Technology e comezou unha carreira como modelo e directora de clubs. Grazas a estes primeiros traballos coñeceu xente como Andy Warhol, Jimi Hendrix, Sly Stone ou Eric Clapton. Gravou as súas primeiras cancións a finais dos sesenta, época na que coñeceu a Miles Davis.

Nas súas memorias, publicadas en 1989, Miles Davis escribiu:

Discografía Betty Davis (Just Sunshine, 1973)

En 1973 publicou o seu primeiro álbum, Betty Davis, que abriu con "If I'm in Luck I Might Get Piccked Up", unha carta de presentación que define o seu estilo: mensaxes sexuais, ouveos funk, sons abrasivos e unha guitarra rock penetrante.

They Say I'm Different (Just Sunshine, 1974)

O seu segundo traballo inclúe a súa canción máis coñecida, "They Say I'm Different", onde canta, xogando sempre con dobres sentidos: “Din que son diferente porque son un anaco de caña de azucre”. Na canción cita os músicos Howlin' Wolf, Big Mama Thornton e John Lee Hooker. Non obstante, os seus álbums tiveron pouco impacto nas vendas. O seu ánimo esborrallouse a finais dos setenta. Coa música disco de moda decidiu mudarse ao Xapón.

Nasty Gal (Island, 1975)

Con críticas e vendas negativas na súa publicación empuxou á cantante ao retiro musical. Críticos contemporáneos avalan o disco como un funk tenso con moito potencial en cada canción.

Is It Love or Desire? (Light in the Attic , 2009)

Notas

Véxase tamén When Romance Says Goodbye - Betty Davis

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Cantantes de Carolina do Norte Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América