O altar dos doce deuses era un altar e, se cadra, un santuario que estaba na ágora de Atenas dedicado aos doce deuses olímpicos adorados na antiga Grecia: Zeus, Hera, Poseidón, Deméter, Hestia, Apolo, Artemisa, Hefesto, Atenea, Ares, Afrodita e Hermes. Situado ao norte da ágora de Atenas, preto do templo de Ares, tamén era o punto cero desde o que se calculaban as distancias dentro da cidade.

Historia A información exacta sobre o altar é escasa, xa que faltan fontes antigas. Non obstante, as escavacións de 1891 e 1934 (a escavación americana da ágora) apuntan ao sur do ferrocarril Atenas - Pireo (ISAP), onde se descubriu o ángulo suroeste do altar baixo os estratos romanos e romanos de oriente.

O altar orixinal construírono nos anos -522 e -521 por orde de Pisistrato (fillo de Hipias e neto do tirano Pisistrato). Tucídides fala deste personaxe, e di que era da familia dos Pisistrátidas e que como arconte da cidade lle dedicou un altar aos doce deusesTucídides. Historia da guerra do Peloponeso, VI, 54, 6-7. A inscrición que o conmemoraba foi borrada polos atenienses nunha data posterior. O altar foi reconstruído arredor do ano -425 despois dos estragos que se produciron durante a invasión persa dos anos -480 e -479.

Este altar era un dos poucos monumentos que se permitiron no interior da Ágora, e servía para indicar o centro da cidade. Heródoto di que a distancia desde Heliópole, no antigo Exipto ata o mar é semellante á distancia do altar dos doce deuses ata o templo de Zeus Olímpico en Pisa (Elis)Heródoto. Historias, II, 7,1.

Era famoso na antigüidade como lugar de asilo e refuxio para os suplicantes. No -519, uns embaixadores da cidade de Platea pediron axuda a Atenas contra Tebas desde este altarHeródoto. Historias, VI, 108,4. E no -431, como resultado das acusacións de malversación de diñeiro público que implicaban a Pericles e Fidias, algúns axudantes deste último sentáronse ante o altar como suplicantesDiodoro de Sicilia. Biblioteca histórica, XII, 39,1. Pouco antes da súa execución en Atenas (circa -355) o xeneral ateniense Calístrato de Afidnas refuxiouse no altarLicurgo. Contra Leócrates, I, 93.

Sobre o altar hai unha dedicatoria que se pode datar entre os anos -490 e -470.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ágora de Atenas

Categoría:Ágora de Atenas