A lingua munichi é unha lingua indíxena illada e extinta recentemente. Falábase na aldea dos munichis, a uns 16 quilómetros ao oeste de Yurimaguas, departamento de Loreto, no Perú. En 1988 había dous falantes como lingua materna, mais non se coñecían dende os anos 70. A última falante coñecida, Victoria Huancho Icahuate, morreu a finais dos anos noventa. A partir de 2009 hai varios semifalantes que conservan un coñecemento léxico e gramatical parcial mais significativo da lingua (Michael et al. 2013). O munichi está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gibson, Michael L. 1996. El Munichi: Un idioma que se extingue. Serie Lingüística Peruana, 42. Pucallpa: Instituto Lingüístico de Verano. Available here. Jolkesky, M. 2016. Estudo arqueo-ecolinguístico das terras tropicais sul-americanas. Brasilia: UnB. PhD Dissertation. Available here. Michael, Lev, Stephanie Farmer, Greg Finley, Christine Beier, and Karina Sullón Acosta. 2013. A sketch of Muniche segmental and prosodic phonology. International Journal of American Linguistics 79(3):307-347. Michael, L.; Beier, Ch.; Acosta, K. S.; Farmer, S.; Finley, G.; Roswell, M. (2009). Dekyunáwa: Un diccionario de nuestro idioma muniche. (manuscrito).

Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas mortas de América do Sur