Botch é unha banda estadounidense de mathcore formada en 1993 en Tacoma, Washington. O grupo, composto por Brian Cook, Dave Knudson, Tim Latona e Dave Verellen, pasou catro anos como unha banda de garaxe e publicou varias demos e EPs antes de fichar por Hydra Head Records. A través do selo Botch editou dous álbums de estudio: American Nervoso (1998) e We Are the Romans (1999).
O grupo fixo longas xiras para promover os seus álbums con bandas afíns como The Blood Brothers, The Dillinger Escape Plan, Ink & Dagger e Jesuit. Botch loitou por escribir un terceiro álbum de estudio, pero en 2002 o grupo separouse debido ás tensións entre os membros da banda e ás diferenzas creativas. Hydra Head lanzou postumamente un EP de cancións nas que o grupo estivera traballando antes de separarse, titulado An Anthology of Dead Ends, e un álbum en directo que documenta o seu último concerto titulado 061502 en 2006.
Tras a separación de Botch, a meirande parte dos seus membros formarían ou uniríanse a outras bandas na área de Seattle/Tacoma como Minus the Bear, Narrows, Roy, Russian Circles e These Arms Are Snakes.
Aínda que Botch foi ben recibida polos críticos e foi citada como unha influencia por numerosas bandas de hardcore tras a súa disolución, o grupo foi xeralmente ignorado pola escena hardcore underground local de Washington. O grupo pasou os seus anos activos "burdándose" da escena musical local evitando os clichés comúns. Rexeitando as tendencias contemporáneas no hardcore, Botch evitou a estética habitual de "caveira e ósos cruzados" e os omnipresentes riffs "chugga-chugga" para unha presentación depurada e confesional e arranxos complexos.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo American Nervoso 1998 Hydra Head Records We Are the Romans 1999 Hydra Head Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp do grupo
Categoría:Grupos musicais de Washington Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de mathcore Categoría:Grupos musicais formados en 1993