Stevie Wonder, nado como Stevland Hardaway Judkins en Saginaw (Míchigan) o 13 de maio de 1950, e máis tarde coñecido como Stevland Hardaway Morris,Tendo Stevie catro anos, a súa nai deixou o seu pai e trasladouse a Detroit cos seus fillos adoptando de novo o apelido de solteira e cambiando a Morris o dos seus fillos, sendo desde entón Stevland Hardaway Morris o nome de Stevie Wonder a efectos legais. é un icónico cantante, músico multiinstrumentista, compositor, produtor musical e activista social afroamericano estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos Cego de nacemento debido a unha condición asociada á prematuridade chamada retinopatía da prematuridade, Wonder converteuse nun dos artistas máis aclamados do mundo.

Desde moi novo mostrou un talento musical extraordinario. Asinou o seu primeiro contrato con Motown Records cando tiña só 11 anos, e logo gañou o alcume "Little Stevie Wonder". A día de hoxe segue traballando para esa firma.

Carreira musical O seu primeiro éxito, "Fingertips", foi lanzado cando el tiña 13 anos e chegou ao número un nas listas de música pop dos EUA, facéndoo o artista máis novo en logralo.

Wonder non só é coñecido pola súa voz icónica, senón tamén por súa habilidade para tocar múltiples instrumentos, incluíndo piano, harmónica e batería.

Na década de 1970 foi un pioneiro no uso de instrumentos electrónicos e sintetizadores. O seu álbum Music of My Mind de 1972 é notable polo uso extensivo do sintetizador Moog, algo que era bastante infrecuente na época.

Ao longo dos anos, colaborou con multitude de artistas, dende Paul McCartney a Michael Jackson, Barbra Streisand, Luciano Pavarotti, Andrea Bocelli, Céline Dion, Mariah Carey, Alicia Keys, Usher, Shakira, Daft Punk, Pharrell Williams e Ariana Grande entre outros.

Stevie Wonder participou en diversas bandas sonoras para filmes. Compuxo a BSO completa para The Woman in Red (1984), incluíndo o famoso tema "I Just Called to Say I Love You". Tamén creou toda a música para Jungle Fever (1991), dirixida por Spike Lee. Para Mulan (1998), aportou a canción "True to Your Heart", que se reproduce nos créditos finais. Ademais, participou no filme Sing (2016) con "Faith", tema interpretado xunto a Ariana Grande.

Activismo É coñecido polo seu traballo como activista por dereitos civís e humanitarios, incluíndo a campaña para facer do aniversario do nacemento de Martin Luther King Jr. un festivo nacional nos Estados Unidos, logrando o seu obxectivo en 1983.

En 1985 colaborou con RTVE e a DXT nun anuncio contra a condución baixo os efecto do alcohol.

Premios e honras É un dos artistas máis laureados da historia da música, con 25 premios Grammy e 74 nomeamentos, incluíndo un "Grammy de por vida".

Tamén foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame e ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Discografía

The Jazz Soul of Little Stevie Wonder (1962) Tribute to Uncle Ray (1962) Recorded Live: The 12 Year Old Genius (1963) With a Song in My Heart (1963) Stevie at the Beach (1964) Up-Tight (1965) Down to Earth (1966) I Was Made to Love Her (1967) Someday at Christmas (1968) Eivets Rednow (featuring "Alfie") (1968) For Once in My Life (1968) My Cherie Amour (1969) Signed, Sealed, and Delivered (1970) Stevie Wonder Live (1970) Live at the Talk of the Town (1970) Where I'm Coming From - 1971 Music of My Mind - 1972 Talking Book - 1972 Innervisions - 1973 Fulfillingness' First Finale (1974) Songs in the Key of Life (1976) Journey through the Secret Life of Plants (1979) Hotter than July (1980) The Woman in Red Soundtrack (1984) In Square Circle (1985) Characters (1987) Jungle Fever (1991) Conversation Peace (1995) Natural Wonder (1995) A Time to Love (2005)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Motown Rhythm and blues

Ligazóns externas

Stevie Wonder Acceptance Speech at the 1989 Rock & Roll Hall of Fame Induction Ceremony (Vídeo en YouTube, do discurso de aceptación da inclusión no Rock & Roll Hall of Fame, nunha das súas escasas aparicións públicas sen lentes).

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados no condado de Saginaw, Míchigan Categoría:Nados en 1950 Categoría:Persoas cegas Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana