As eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 tiveron lugar entre o 6 e o 9 de xuño de 2024 en todos os estados membros da Unión Europea, para dar lugar á X lexislatura europea. Tamén foron as primeiras eleccións após o Brexit. Nelas votouse por sufraxio universal, directo, libre e secreto os eurodeputados que integran o Parlamento Europeo e que representan a cidadanía europea no período comprendido entre 2024 e 2029. Esta cámara foi a responsable de nomear o presidente da Comisión Europea, a proposta do Consello Europeo en función dos resultados das eleccións, por maioría cualificada.
O número de deputados previstos para a X lexislatura do Parlamento Europeo foi de 720 escanos, repartíndose os 73 que tiña o Reino Unido, despois da súa saída da Unión Europea, entre diversos países como España, Francia, Italia e os Países Baixos e reservándose 31 escanos para futuras ampliacións da unión.
O 9 de xuño de 2024, o Partido Popular Europeo liderado por Ursula von der Leyen obtivo o maior número de escanos no Parlamento Europeo. Os partidos liberais e verdes sufriron importantes perdas, mentres que varios partidos novos ou non inscritos gañaron escanos no parlamento.
En Galicia, o PP e o BNG subiron en votos, acadando o 43% e 16% respectivamente, o PSdeG baixou en apoios e logrou un 27% de sufraxios.
Sistema electoral 373 millóns de votantes puideron elixir 720 eurodeputados, distribuídos segundo a poboación de cada estado, sendo Alemaña o que máis escanos ten, 96 escanos, seguido de Francia con 81, mentres que Malta, Chipre e Luxemburgo só obteñen seis cada un. Os estados membros da Unión Europea elixiron, segundo as súas leis nacionais, que sistema electoral utilizaban para repartir os escanos que tiñan asignados. Por exemplo, países como España, Portugal, Alemaña ou Grecia teñen unha única circunscrición mentres que Irlanda, Francia, Bélxica ou Italia dividen o seu territorio en varias circunscricións para elixir candidatos.
A idade mínima para votar era de 18 anos na maior parte da Unión Europea, agás en Alemaña, Austria, Bélxica e Malta, que a fixaron en 16 anos, Croacia e Eslovenia, que tamén a fixaron en 16 anos para aqueles que traballan, Hungría en caso de ter 16 anos e estar casado, e Grecia que o situou en 17 anos. Para ser candidato, a cifra tamén se fixou en 18 anos agás en Bélxica, Bulgaria, República Checa, Irlanda, Letonia, Lituania, Polonia, Eslovaquia, Estonia e Chipre que a fixaron en 21 anos, Romanía que a fixou en 23 anos, e Grecia e Italia que a situaron en 25 anos.
Finalmente, a barreira electoral tamén difería segundo o país. 10 países non estabeleceron un límite, Chipre fixouno no 1,8%, Grecia nun 3%, os Países Baixos nun 3,2% aproximadamente, Austria, Italia e Suecia nun 4%, Bélxica, Francia, República Checa, Letonia, Lituania, Polonia, Eslovaquia, Hungría, Romanía e Croacia situárono nun 5% e Bulgaria nun 5,9% aproximadamente.
+Estado membroIdade de votación Voto obrigatorioVoto ausenteIdade mínima do candidatoCircunsc.Limiar mínimoSistema electoralListasDistribución16NonCorreo181PechadaSainte-Laguë16NonCorreo1814%SemiabertaD'Hont16SiCorreo e por representación2135%SemiabertaD'Hont18Non211~5,9%SemiabertaHamilton18Non2115%SemiabertaD'Hont18Si2111,8%AbertaHamilton18Non1815%SemiabertaD'Hont18NonCorreo181AbertaD'Hont18Non2115%SemiabertaHamilton18NonCorreo181SemiabertaD'Hont 18NonCorreo181PechadaD'Hont18NonCorreo e por representación211AbertaD'Hont18NonCorreo181AbertaD'Hont18NonCorreo1815%PechadaD'Hont17Si2513%AbertaHamilton18NonCorreo1815%PechadaD'Hont18Non213Voto único transferible18Non2554%AbertaHamilton18NonCorreo2115%AbertaSainte-Laguë18NonCorreo2115%AbertaHamilton18SiCorreo181PanachageD'Hont16Non181Voto único transferible18NonCorreo e por representación181~3,2%SemiabertaD'Hont18Non2115%AbertaD'Hont18Non181PechadaD'Hont18Non2315%PechadaD'Hont18NonCorreo1814%SemiabertaSainte-Laguë modificado
Número de escanos a elixir As eleccións de 2024 repartiron 720 deputados ao Parlamento Europeo nos 27 estados membros da Unión Europea, 15 escanos máis dos que había ao final da IX lexislatura do Parlamento Europeo. Distribución de escanos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 (en comparación coa distribución post-Brexit)Estado membroEscanosDif.Estado membroEscanosDif.Estado membroEscanosDif.9621141 812 2112762111 612 2191 531 201 91 33177312 151 6221 151 621151 6Total:72015
Datas das eleccións As eleccións celebráronse en diversas datas nos distintos estados membros da Unión Europea, sempre dentro do prazo de catro días acordados polo Parlamento Europeo, e que nesta ocasión foi do xoves 6 ao domingo 9 de xuño. Este foi o calendario para as eleccións de 2024: 6 de xuño7 de xuño8 de xuño9 de xuñoPaíses Baixos.República Checa.Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia metropolitana, Grecia, Hungría, Lituania, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía, Suecia e Chipre.Irlanda. Circunscrición de Ultramar de Francia, Letonia, Malta e Eslovaquia.Italia.
Escrutinio Ata a hora de peche dos colexios electorais no último estado da Unión Europea non se puideron dar a coñecer os resultados, aínda que os colexios electorais pecharan días antes.
Resultados Grupos +GrupoEscanos+/- Partido Popular Europeo (grupo parlamentario) 188 +1 Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas 136 -12 Patriotas por Europa 84 +8 Conservadores e Reformistas Europeos 78 +16 Renovar Europa 77 –20 Os Verdes/Alianza Libre Europea 53 -14 A Esquerda no Parlamento Europeo – GUE/NGL 46 +6 Europa das Nacións Soberanas 25 +25 Non inscritos e outros 33 -24 Total 720 +15 Fonte:Páxina oficial das eleccións (data de acceso: 14 de xuño).
Partidos europeos +GrupoEscanos+/- Partido Popular Europeo 171 –6 Partido Socialista Europeo 129 –7 Partido dos Conservadores e Reformistas Europeos 58 +6 Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa 58 -13 Partido Identidade e Democracia 57 -19 Partido Verde Europeo 42 -12 Partido da Esquerda Europea 29 +1 Partido Demócrata Europeo 9 -1 Alianza Libre Europea 7 0 Volt Europa 5 +4 Movemento Político Cristián Europeo 4 0 Acción Comunista Europea 2 0 Animal Politics EU 2 -1 Partido Pirata Europeo 1 -3 Outros 146 +36Total 720 +15 Fonte:Páxina oficial das eleccións europeas (consultado o 14 de xullo de 2024)
Por país A menos que se indique o contrario, mostra a distribución de asentos segundo a páxina de resultados do Parlamento Europeo. EstadoGrupo políticoEscanosGrupo PPESeDPatriotasCRERenovarV/ALEEsquerdaENSNon inscritos23 (CDU)6 (CSU)1 (ÖDP)1 (FAMILIE)±0±0±0±014 (SPD)−25 (FDP)3 (FW)±0+1 12 (B90/Grüne)3 (Volt) -9+23 (Linke)1 (Tierschutz)−2±0 14 (AfD) +3 6 (BSW)2 (PARTEI)1 (AfD)1 (PdF) +6+0±1+1965 (ÖVP) -25 (SPÖ)±06 (FPÖ) +32 (NEOS) +12 (Grüne)−1202 (CD&V)1 (CSP)±0±02 (Vooruit)2 (PS) +1±03 (VB)±03 (N-VA)±03 (MR)1 (Open VLD)1 (LE) +1−1±01 (Groen)1 (Ecolo)±0-12 (PTB) +1225 (GERB–SDS)1 (PP-DB: DSB)-1±02 (BSP) -31 (ITN)+13 (DPS)2 (PP-DB: PP)±0+2 3 (Renacemento) +3172 (SPOLU: TOP 09)1 (SPOLU: KDU-ČSL)2 (STAN) ±0-1+1 7 (ANO)2 (Přísaha–AUTO) +1+23 (SPOLU: ODS) -11 (Piráti) -2 1 (SPD) -1 2 (Stačilo!) +1212 (DISY)±01 (DIKO)±01 (ELAM)+11 (AKEL) -11 (Fidias) +166 (HDZ) +24 (SDP)±01 (DP)+11 (Možemo!) +1121 (C)1 (I)±0+13 (A)±01 (O)±01 (Æ)+12 (V)1 (B)1 (M) -2-1+13 (F) +11 (Ø)±0151 (KDH)−16 (PS) +4 1 (República). +15 (Smer)1 (República)1 (Hlas) +2+1+1154 (SDS)1 (NSi) +2±01 (SD) -12 (Svoboda)±01 (Vesna) +19 22 (PP) +920 (PSOE) -1 6 (Vox) +21 (CEUS)±01 (AR: ERC)1 (AR: BNG)1 (Sumar: Comuns)1 (Sumar: Compromís) -1+1±0+12 (Podemos)1 (AR: EH Bildu)1 (Sumar: SMR)−1±0+13 (SALF)1 (Junts) +3–2612 (Isamaa) +12 (SDE)±01 (EKRE)±01 (RE)1 (KE) -1±074 (Kok.) +12 (SDP)±01 (PS) -12 (Kesk)1 (SFP)±0±02 (VIHR) -13 (Vas.) +2156 (LR)−213 (PS-PP) +730 (RN) +74 (R!) +413 (Ensemble) -105 (LE) -89 (FI) +3 1 (R!) +1817 (ND) -13 (PASOK-KINAL) +1 1 (FL) +12 (EL) +14 (Syriza) -22 (KKE)1 (NIKI)1 (PE)±0+1+1217 (TISZA) +72 (DK-MSZP-P)−3 11 (Fidesz–KDNP) −2 1 (MHM) +121 4 (FG) -11 (Lab) +14 (FF) 1 (II) 1 (McNamara) +2+1+12 (SF) 1 (Flanagan) +1±0148 (FI)1 (SVP)+1±021 (PD) +28 (Lega) -2124 (FdI) +184 (AVS: EV) +48 (M5S)2 (AVS: SI) –6+2762 (JV)±01 (Saskaņa) -1 1 (LPV) +12 (NA)1 (AS)±0+11 (LA)±01 (P) +1 93 (TS–LKD)±0+12 (LSDP)±01 (LVŽS)1 (LLRA-KŠS)-1±01 (LP)1 (LS) +1±01 (DSVL)+11 (LCP) +1112 (CSV)±01 (LSAP)±01 (ADR) +11 (DP) -11 (Gréng)±063 (PN) +13 (PL) -163 (CDA)2 (BBB)1 (NSC)−1+2+14 (GroenLinks–PvdA: PvdA) -2 6 (PVV) +61 (SGP)04 (VVD)3 (D66)±0+14 (GroenLinks–PvdA: GL)2 (Volt) +1+21 (PvdD)±0 3121 (KO)2 (TD: PSL) +7-13 (Lewica) -520 (PiS-SP) -71 (TD: PL2050) +1 3 (KWiN: NN) +3 2 (KWiN): RN1 (KWiN): KKP +2+1537 (AD)±08 (PS) -1 2 (CH) +22 (IL) +21 (BE)1 (CDU)−1-1218 (CNR: PNL)2 (UDMR)−2±011 (CNR: PSD) +26 (Alianza AUR) +63 (ADU) -61 (Ștefănuță) +12 (SOS) +2334 (M)1 (KD)±0-15 (S)±03 (SD)±02 (C) 1 (L)±0±03 (MP)±02 (V) +121TotalEscanosGrupo PPESeDPatriotasCRERenovarV/ALEEsquerdaENSNon inscritos 188 (26,1%) +10 136 (18,9%) −2 84 (11,7%) +35 78 (10,8%) +9 77 (10,7%) –22 53 (7,4%) −17 46 (6,4%) +9 25 (3,5%) +25 33 (4,6%) -30 720 (+15)
Galería de imaxes Carteis electorais en Galicia para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2024:
Papeletas de voto en Galicia:
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial das eleccións
2024 Europeas