Tancredo 1 foi un satélite artificial do Brasil lanzado o 9 de decembro de 2016 a bordo dun foguete H-IIB desde o Centro Espacial de Tanegashima.

Características Tancredo 1 foi o primeiro satélite do proxecto Ubatubasat, sendo deseñado pola Escola Municipal Presidente Tancredo de Almeida Neves (en Ubatuba, São Paulo) coa asesoría do Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais (INPE) e o apoio da Axencia Espacial do Brasil e da UNESCO. Foi construído usando un kit comercial proporcionado pola empresa norteamericana Interorbital Systems.

O obxectivo do satélite é espertar o interese na ciencia e a tecnoloxía entre estudantes de entre 10 e 14 anos. As tarefas para a súa construción incluían a integración, montaxe, programación, probas, lanzamento e operación do satélite. Tancredo 1 levaba a bordo unha grabadora de voz para retransmitir unha mensaxe elixida por concurso entre as escolas de Ubatuba. Reentrou na atmosfera terrestre o 18 de outubro de 2017

Notas

Véxase tamén Outros artigos H-IIB

Categoría:Satélites artificiais