O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.
Características miniatura|300px|Caricatura satírica do semanario La Flaca que ironiza sobre a farsa electoral. Con Sagasta á fronte, aparece unha comitiva de caciques, sicarios, forzas da orde pública, labregos e obreiros prisioneiros e a manipulación das papeletas facendo votar aos mortos. Este sistema caracterízase por un peculiar sistema de elección de candidatos denominado sistema de quendas, no que o cacique formaba parte da oligarquía local encargada de someter ó pobo con restricións económicas e sociais, co último fin de afianzar as súas redes de compromiso co goberno central. miniatura|300px|«Mapa del caciquismo en España». Cita de Castelao sobre o caciquismo:
En Galiza, o caciquismo ten unha longa historiaCaciquismo, artigo de Juan Luis Pintos, da USC ., a tal punto que "as discusións acerca da pervivencia ou non do caciquismo en Galiza e baixo que formas parece ser un dos tópicos permanentes dos debates". Hoxe, algunhas das prácticas mantéñense e son obxecto de polémica, especialmente o reconto de votos de persoas falecidas. Por outra banda, tamén é habitual recoñecer os designamentos a dedo como unha das máis estendidas prácticas caciquís.""Prácticas caciquís" nos ceses e nomeamentos para os centros de formación do profesorado" (30/7/2009). Vieiros.
Literatura A figura do cacique como máximo expoñente do caciquismo ten sido tratada en numerosas ocasións tanto na literatura galega, como é o caso por exemplo da novela A Besta! de Patricio Delgado Luaces ou máis recentemente o de Casa Skylab de Santiago Jaureguízar, como na literatura en castelán escrita por galegos, como sucede coa novela O anarquista, da autoría de Leandro Pita Romero.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía Caciquismo e funcionariado na Galicia do século XIX. Pablo Isidoro González Mariñas e José Ramón Barreiro Fernández, 1997, ISBN 84-453-2088-2 Caciquismo e poder local na Galicia da Restauración. Francisco Candeira Mosquera, 1990, Edicións Galicia-Sur (Ponteareas) ISBN 84-404-8088-1 El poder de la influencia : geografía del caciquismo en España: (1875-1923). José Varela Ortega, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2001 ISBN 84-259-1152-4 Outros artigos Cacique Corrupción política