Li Liweng (chinés tradicional e simplificado: 李笠翁; pinyin: Lǐ Lìwēng; Wade-Giles: Li3 Li4-weng1), tamén coñecido como Li Yu (chinés tradicional: 李漁; chinés simplificado: 李渔; pinyin: Lǐ Yú; Wade-Giles: Li3 Yü2), nado en Jiangsu o 13 de setembro de 1611 e finado en Hangzhou o 12 de febreiro de 1680, foi un dramaturgo, poeta, novelista, ensaísta e editor chinés da dinastía Qing.

Traxectoria Li Yu naceu en Rugao, na actual provincia de Jiangsu, a finais da dinastía Ming (1368-1644). Malia aprobar o primeiro nivel dos exames imperiais, non chegou a alcanzar postos de máis importancia antes do caos político que levou á fin da dinastía; no seu lugar, comezou a gañar a vida como escritor. Li foi actor, produtor e director de teatro, así como dramaturgo, que viaxaba coa súa propia compañía. A súa obra Fengzheng wu (en ) é un clásico da ópera kunqu.

Atribúeselle a autoría de Rouputuan (en ), unha coñecida comedia erótica. Tamén escribiu unha escolma de contos, Shi'er lou (en ). Nesta colección, destaca o relato "Cuiya lou" (en ), onde trata o tema da homosexualidade. Este asunto trátase tamén na súa compilación de novelas Wusheng xi (en ) e na peza Lian xiang ban (en ). Li compuxo o prefacio do manual de pintura Gaizi yuan hua chuan (en ), que publicou en Jingling (actual Nanjing). Li é tamén coñecido polos seus ensaios informais, ou xiaopin, e polos seus textos gastronómicos.

Traducións En castelán Li Yu (1978).Jou Pu Tuan: Novela erótica china. Tradución de Beatriz Podestá. Bruguera. Li Yu (1992). La alfombrilla de los goces y los rezos. Tradución de Iris Menéndez. Prólogo e notas de Patrick Hanan. Tusquets.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas 李漁 (La literatura china traducida en España)

Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Nados en 1611 Categoría:Finados en 1680 Categoría:Literatura da dinastía Qing