Kibi no Asomi Makibi (), nado en 695 e finado o 3 de novembro de 775, foi un erudito e nobre xaponés do período Nara, que chegou a exercer como vice-embaixador nipón na China dos Tang. Tamén foi coñecido como Kibi Daijin (, lit. "Ministro Kibi").

Traxectoria

Primeiros anos Kibi no Makibi naceu no condado de Shimotsumichi, na provincia de Bitchū (actual Kurashiki, na prefectura de Okayama). Foi chamado Shimotsumichi-no Asomi Makibi, sendo fillo de Shimotsumichi-no Asomi Kunikatsu. O clan Shimotsumichi era unha familia da elite local, que formaba parte do meirande clan Kibi. Kibi era tamén o antigo nome da súa rexión natal (a provincia de Kibi), que incluía as provincias de Bitchū, Bizen, Bingo e Mimasaka.

Viaxe a China En 717 ou 718, Kibi no Makibi uniuse á misión xaponesa enviada a Tang (kentōshi), xunto con Abe no Nakamaro e Genbō. Kibi permaneceu na China durante dezasete anos, para logo regresar ao Xapón. É considerado o importador do go ao arquipélago, así como o introdutor da arte do bordado.

Carreira política En 737, foi ascendido ao quinto rango júnior. A súa influencia na corte desencadeou a rebelión de Fujiwara no Hirotsugu de 740. En 751, como sénior do cuarto rango, foi enviado á dinastía Tang como vice-embaixador. Regresou ao Xapón en 753.

Pasou varios anos en Kyūshū como administrador en Dazaifu (a principal representación gobernamental na illa), para despois volver a Nara. En 764, liderou o proxecto da construción do Tōdai-ji, tras o cal foi promovido ao terceiro rango júnior.

Foi nomeado líder do exército para frear o alzamento de Fujiwara no Nakamaro. Alcanzou o segundo rango en 765, asumindo o posto de Gran Conselleiro (dainagon 大納言) e, máis adiante, o de Ministro da Dereita (udaijin 右大臣). En 770, apoiou a un dos candidatos ao trono, polo que presentou a súa dimisión ao non ser este coroado. A corte só aceptou retiralo da súa posición militar, mais permaneceu como Ministro da Dereita até 771.

Últimos anos Tras retirarse, dedicouse ao estudo dos principios confucianos e as súas aplicacións á administración xaponesa. Faleceu en 775, con oitenta anos de idade.

Contribucións Algunhas fontes atribúenlle a invención dun dos silabarios xaponeses, o katakana.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en 775 Categoría:Nados en 695 Categoría:Historia do Xapón