miniatura O condado de Saare (en , ou Saaremaa, en latín: Osilia ou Oesel) é un dos 15 condados de Estonia. Está composto por Saaremaa, a maior illa de Estonia, e moitas illas menores preto dela. O condado limita no leste co condado de Lääne e co condado de Hiiu no norte. O 2,6% da poboación estoniana vive no condado de Saare.
Goberno rexional
O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Xeografía
As maiores illas do condado son Saaremaa, Muhu, Ruhnu, Abruka e Vilsandi. A temperatura media anual é de 6.0 °C e a precipitación media anual de 509 mm.
Subdivisións administrativas O condado está dividido en 3 concellos rurais (en estoniano vald): Muhu Ruhnu Saaremaa (incluíndo a cidade de Kuressaare)
Véxase tamén Outros artigos Lista de illas do mar Báltico Ligazóns externas
Saaremaa - Web oficial do condado. Goberno do condado de Saare
Categoría:Condados de Estonia