O Westland Widgeon foi un helicóptero desenvolvido polo fabricante británico Westland Aircraft como unha mellora do Westland WS-51 Dragonfly.

Deseño e desenvolvemento Westland Aircraft decidiu pola súa conta facer unha mellora do helicóptero Westland WS-51 Dragonfly, que era un deseño de Sikorsky Aircraft licenciado, incrementando a capacidade da cabina e substituíndo a cabeza do rotor, as pas e a transmisión coas unidades usadas no Westland Whirlwind. Tres Dragonfly Series 1A foron convertidos a especificacións WS-51 Series 2 Widgeon, voando o primeiro deles o 23 de agosto de 1955. Unha desas conversións, con rexistro G-ANLW, foi o primeiro helicóptero en aterrar no heliporto de Londres o 8 de abril de1959, e despois apareceu no filme de 1971 When Eight Bells Toll.

En 1957 houbo un plan para coller os 24 Dragonfly que tiña o Fleet Air Arm ao estándar Dragonfly HC.7 (como ía ser o Widgeon naval) pero o plan foi abandonado e contribuíu á decisión de deter o progreso do tipo.

Notas

Categoría:Aeronaves de Westland Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1955 Categoría:Helicópteros