Xosemaría Escrivá de Balaguer y Albás de nome secular José María Julián Mariano Escrivá de Balaguer y AlbásCarta da Escrivá Albás nos documentos do Opus Dei , nado en Barbastro o 9 de xaneiro de 1902 e finado en Roma o 26 de xuño de 1975, foi un sacerdote católico aragonés, coñecido por ser o fundador do Opus Dei. Foi canonizado en 2002 polo papa Xoán Paulo II.
Traxectoria Primeiros anos Naceu en 1902 en Barbastro, no seo dunha familia profundamente cristiá, fillo de José Escrivá e Dolores Albás. O seu pai era comerciante de tecidos e posuía así mesmo unha pequena chocolatería.
En 1915 quebrou o negocio de tecidos do pai e a familia houbo de trasladarse a Logroño, onde o pai comezou outro traballo. Segundo o seu propio relato, nesa cidade, despois de ver unhas pegadas na neve dos pés descalzos dun relixioso, intúe que Deus desexa algo del, aínda que non sabe exactamente que é. Pensa que poderá descubrilo máis doadamente se se fai sacerdote, e comeza a prepararse primeiro en Logroño e máis tarde no seminario de Zaragoza.
Seguindo o consello de seu pai, na Universidade de Zaragoza estuda tamén a carreira civil de Dereito como alumno libre. José Escrivá finou en 1924 e Xosé María queda como cabeza de familia. Recibe a ordenación sacerdotal o 28 de marzo de 1925 e comeza a exercer primeiro nunha parroquia rural e logo en Zaragoza.
En 1927 trasládase a Madrid con permiso do seu bispo para obter o doutoramento en Dereito. En Madrid, o 2 de outubro de 1928 funda o Opus Dei. Dende aquel día traballa no desenvolvemento da fundación ao tempo que continúa co ministerio pastoral que ten encomendado, e que lle pon en contacto coa enfermidade e a pobreza en hospitais e en barriadas populares de Madrid.
Guerra civil miniatura|Estatua de san Xosemaría no Vaticano. Cando estoupa a guerra civil española, en 1936, Xosemaría Escrivá atópase en Madrid. A persecución relixiosa obrígalle a refuxiarse en diferentes lugares. Exerce o seu ministerio sacerdotal clandestinamente, ata que dá saído de Madrid. Despois dunha travesía polos Pireneos ata o sur de Francia, trasládase a Burgos.
Cando remata a guerra civil, en 1939, volve a Madrid. Nos anos seguintes dirixe exercicios espirituais para laicos, para cregos e para relixiosos. No mesmo ano 1939 remata os seus estudos de doutoramento en Dereito.
Despois da Guerra En 1946 fixa a súa residencia en Roma. Obtivo o doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade Lateranense, grazas á súa obra La Abadesa de las Huelgas. É nomeado consultor de dúas Congregacións Vaticanas, membro honorario da Pontificia Academia de Teoloxía e prelado de honra da Súa Santidade. Segue os preparativos e as sesións do Concilio Vaticano II (1962-1965), e mantén trato con moitos dos pais conciliares.
Dende Roma viaxa a distintos lugares de Europa para dar pulo ao establecemento e consolidación do traballo apostólico do Opus Dei. Co mesmo obxecto, entre 1970 e 1975 fai viaxes a México, á Península Ibérica, América do Sur e Guatemala onde, ademais, ten reunións de catequese con grupos de homes e mulleres.
Falece en Roma o 26 de xuño de 1975. Varios milleiros de persoas, entre elas bispos de distintos países —en conxunto, un terzo do episcopado mundial—, solicitan á Santa Sé a apertura da súa causa de beatificación e canonización.
Veneración
A súa causa foi introducida en 1981, e o 17 de maio de 1992 Xoán Paulo II beatificouno na praza de San Pedro, en Roma. O 6 de outubro de 2002 foi canonizado en Roma, cunha asistencia de milleiros de persoas.Artigos de El País e El Mundo sobre a canonización. Durante a cerimonia de canonización, o papa animou os presentes a buscar a santidade en medio do mundo, no traballo e na vida ordinaria, ensinanza central de Xosemaría Escrivá.
Polémicas Solicitude e concesión do Marquesado de Peralta Posiblemente un dos episodios máis controvertidos na vida de Escrivá de Balaguer sucedeu no 1968. Cando solicita e lle concede o goberno de Franco, en parte grazas á colaboración dun membro do Opus Dei no Ministerio de XustizaEn Madrid, unha das persoas que interviu na obtención do título nobiliario foi Alfredo López, membro supernumerario do Opus Dei, que se encargou como subsecretario do Ministerio de Xustiza de xestionar directamente a concesión do marquesado de Peralta; para máis detalles véxase Jesús Ynfante: "El santo fundador del Opus Dei", Cap. 9, o título de III marqués de Peralta, título que retivo sen usar durante catro anos, antes de renunciar a el en 1972 en favor do seu irmán Santiago. Segundo a investigación de Ricardo de la Cierva,Véxase a concesión, aínda que con boa intención, foi obtida de xeito irregular.Ver o controvertido artigo de Ricardo de la Cierva Falsificación do marquesado de Peralta Libro: Los años mentidos. Cap. X (páxinas 143 a 158) Autor: Ricardo de la Cierva. Editorial Fénix. No que se expoñen os datos da súa investigación. Por outra parte segundo, o irmán do Fundador, Santiago Escrivá de Balaguer, "fue una decisión heroica, porque sabía muy bien que de aquella decisión él sólo recibiría críticas y daría ocasión a calumnias y difamaciones; pero Josemaría era profundamente justo y no quería privarnos, sólo por esa razón, de ese derecho. Hizo siempre lo que pensaba en conciencia que debía hacer: obraba cara a Dios, y nos enseñó, ante la maledicencia, a perdonar y a olvidar... Actuó de forma solidaria conmigo y, pasado el tiempo oportuno, sin haber usado nunca el título -jamás tuvo la intención de utilizarlo- me lo cedió."
Proceso de canonización O rápido proceso aos altares http://opus-dei.blogspot.com.es/2001_09_01_archive.html#110279255759015339 non estivo exento de polémica e oposición. Os detractores critican o que ven como unha canonización inmediata ou "turbosantidade" de Escrivá, e afirman que o proceso enteiro estivo cheo de irregularidades.Kenneth Woodward, xornalista da revista Newsweek, que escribiu o libro A fabricación de santos subtitulado "Como a igrexa católica determina quen se converte en santo, quen non, e porqué" (1990), di que o opoñente oficial, foi puenteado e que importantes testemuñas críticas co opus non foron chamados. Segundo el, non é certo que oíron a once críticos da canonización de Escrivá, senón que soamente había un. Rexeitando de entrada membros próximos ao fundador, entre eles: María do Carmen Tapia, Miguel Fisac, o pai Vladimir Feltzman e John Roche. A este respecto hai que dicir que os nomes das testemuñas contrarias foron introducidos pola Postulación do Opus Dei na proposta de testemuñas para a Causa. Con todo, foron rexeitados polo Tribunal. O Opus Dei tamén incluíu na documentación as publicacións contrarias a Escrivá publicadas ata entón (cfr. Josemaría Escrivá de Balaguer. Itinerario da causa de canonización, Madrid, Palabra, 1991). Woodward tamén afirma que os consultores eran principalmente italianos e membros do Opus Dei. Con todo, malia que, segundo a praxe vixente na Congregación para as Causas dos Santos, os nomes dos consultores non se poden facer públicos (nin, xa que logo, o seu procedencia), no proceso fíxose constar explicitamente que ningún deles pertencía ao Opus Dei. Ademais, Woodward incide en que a abundancia de recursos económicos do Opus Dei foi utilizada para premer financeiramente sobre centenares de bispos, especialmente do terceiro mundo, para enviar informes favorables aos que levaban o proceso de canonización en Roma. Con todo, para o xuíz do proceso (o pai Rafael Pérez, agustino que durante anos foi Avogado do Diaño mentres existiu esta figura), esta acusación é insostible: "Non se fai caso de ningún tipo de presións. Sería case imposible e ineficaz que as houbese, porque en cada un dos distintos pasos interveñen moitas persoas", dixo nunha entrevista aparecida no xornal Heraldo de Aragón o 1 de decembro de 1991. Woodward alega que 1300 bispos mostráronse favorables a Xosemaría, pero que de todos eles, soamente 128 coñeceran persoalmente a Escrivá. Número este que, malia a valoración de Woodward, non deixa de ser elevado. A revista Newsweek pescudou tamén que dous dos xuíces, Mons. Luigi De Magistris, e Mons. Xusto Fernández Alonso, reitor da igrexa nacional española en Roma, non aprobaron a causa. De feito, un dos disidentes escribiu segundo o seu informe, que a beatificación de Escrivá podía causar grave escándalo público na igrexa. Porén, tamén obtivo o apoio de diversas figuras da xerarquía eclesiástica.O arcebispo de París, en 1979 afirmou que se a Igrexa recoñecese a santidade de Monseñor Escrivá, o mundo enteiro obtería un gran beneficio, ou o do Cardeal Frantisek (arcebispo de Praga), que dixo poucos meses logo do seu falecemento: a súa morte selou unha exemplar vida cristiá e sacerdotal, modelo para a Igrexa. Mons. García Lahiguera, arcebispo de Valencia, que tratou a Escrivá durante máis de 40 anos, dixo que contemplando a súa vida podíase dicir que Josemaría Escrivá de Balaguer y Albás era un santo, e o Cardeal Ángel Suquía afirmou na clausura do Proceso de Virtudes (paso previo á canonización) que tiña a segura esperanza de que a súa canonización serviría para espertar e promover desexos e propósitos de santidade (estes e outros testemuños en Josemaría Escrivá de Balaguer. Itinerario de la Causa de Canonización, Op. cit., pp. 77-91).
Publicacións Algúns libros foron publicados en vida; outros son póstumos. O máis coñecido é Camiño, unha colección de 999 aforismos, que tivo unha importante recepción. Postumamente, publicáronse outras dúas coleccións de aforismos: Surco e Forja.
La Abadesa de las Huelgas é un estudo teolóxico-xurídico, a partir das fontes e documentos orixinais, sobre o caso extraordinario de xurisdición cuasiepiscopal por parte da abadesa do famoso mosteiro burgalés. A primeira edición publicouse en 1944.
Amar a la Iglesia reúne tres homilías do fundador do Opus Dei: Lealtad a la Iglesia, El fin sobrenatural de la Iglesia e Sacerdote para la eternidad. O volume inclúe ademais, dous artigos de Mons. Álvaro del Portillo arredor da figura do fundador do Opus Dei.
Discursos sobre la UniversidadObras de san Josemaría Escrivá. Discursos sobre la Universidad é un volume elaborado pola Universidade de Navarra por mor da beatificación do seu Fundador e Primeiro Gran Chanceler, no que se recollen diversos discursos académicos pronunciados por Escrivá de Balaguer ante a corporación universitaria, a homilía pronunciada no campus da Universidade de Navarra en outubro de 1967 e algunhas outras declaracións públicas súas sobre temas universitarios.
Ademais, publicaronse dúas coleccións de homilías, Es Cristo que pasa, adicado aos grandes momentos do ano litúrxico, e Amigos de Dios, no que glosa unha serie de virtudes. Santo Rosario e Via Crucis (obra póstuma) están adicados a estas dúas formas tradicionais da piedade católica. Finalmente, Conversaciones con monseñor Escrivá de Balaguer reúne nun volume entrevistas concedidas a diversos medios de comunicación e unha homilía pronunciada no campus da Universidade de Navarra en 1967.
Tanto de Camiño como de Santo Rosario publicáronse edicións crítico-históricas. Camiño, Vía Crucis e Santo Rosario foron traducidas ao galego.
No cine No ano 2011 estreouse There be Dragons (en galego, Atoparás dragóns), película protagonizada por Charlie Cox, Wes Bentley, Dougray Scott e Olga Kurylenko, na que Charlie Cox dá vida a Xosemaría. A raíz do horror da guerra civil española, un candidato para a canonización é investigado por un xornalista que atopa que o seu propio pai tiña unha conexión profunda, escura e devastadora.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Opus Dei Camiño
Ligazóns externas Biografía na web do Opus Dei
Categoría:Nados en 1902 Categoría:Nados en Barbastro Categoría:Finados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza