O alabastro (do ) é unha variedade compacta é translúcida do xeso, amplamente utilizado en escultura, e tamén en arquitectura e ornamentación. O alabastro oriental é unha variedade da calcita que se empregaba en tempos antigos.

O alabastro, coma a pedra de xeso, pódese rañar coa unlla, pois ten unha dureza de Mohs de 1,5 a 2. O seu sistema cristalino é monoclínico. Adoita usarse como peza decorativa, xa que a súa brandura permite tallalo en formas moi elaboradas. Porén, ó ser soluble en auga, non pode utilizarse en exteriores.

Etimoloxía A palabra "alabastro" procede do latín alabastrum, que se deriva do grego αλάβαστρος (alabastros). Este termo designaba unha vasilla sen asas, xa que este tipo de vasillas para perfume acostumaban a elaborarse con alabastro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Minerais