Läif a Séil é un filme luxemburgués de 2023 dirixido por Loïc Tanson no seu debut como director. Está protagonizado por Sophie Mousel e conta a historia de Hélène, quen regresa á súa aldea natal baixo unha nova identidade, na procura de vinganza e lista para facer calquera cousa para destruír a familia Graff. Estreouse na 56ª edición do Festival de Cinema de Sitges o 9 de outubro de 2023 e posteriormente estreouse nos cinemas de Luxemburgo o 25 de outubro.

Foi escollido como candidato de Luxemburgo para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Argumento Luxemburgo, 1854. Hélène volve a súa aldea cunha identidade nova para vingarse da familia Graff, que goberna a comunidade con puño de ferro. Ela está furiosa por ver como os seus parentes e veciños son oprimidos polos poderosos e crueis señores. Planea unha vinganza contra a autoritaria familia para destruílos, ela soa.

Personaxes

Sophie Mousel como Hélène - Oona Timo Wagner como Jon Jules Werner como Graff Luc Schiltz como Pier Philippe Thelen como Luc Konstantin Rommelfangen como pai de Hélène Larisa Faber como nai de Hélène Henner Momann como soldado neerlandés Tommy Schlesser como Henri Marie Jung como Marie Jean-Paul Maes como Pastor Meyers Denis Jousselin como Kremer Jeanne Werner como Sindonie Max Gindorff como Tom Colette Kieffer como muller da vila Marc Baum como home da vila Jules Waringo como home da vila Pierre Bodry como home da vila Frank Grotz como Appersmann

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Luxemburgo propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua luxemburguesa Categoría:Filmes en lingua ojibwa Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes ambientados en 1854 Categoría:Filmes rodados en Bélxica