Sonsoles Ónega Salcedo, nada en Madrid o 30 de novembro de 1977, é unha xornalista, presentadora de televisión e escritora española.

Biografía Filla do tamén xornalista Fernando Ónega e de Marisol Salcedo e irmá de Cristina Ónega, licenciouse en Xornalismo pola Universidade CEU San Pablo.

Especializada en medios audiovisuais, comezou a súa andaina profesional en CNN+. De aí pasou á cadea Cuatro. En 2008 incorporouse aos servizos informativos de Telecinco, onde durante dez anos exerceu como cronista parlamentaria, destacada no Congreso dos Deputados.

Desde 2018 até 2022, presentou o programa de sucesos da mesma cadea Ya es mediodía.

Ademais, colaborou como analista político no espazo radiofónico La tarde de COPE.

En canto á súa faceta literaria, en 2004 publicou a novela curta Calle Habana, esquina Obispo. Seguiría Donde Dios no estuvo, sobre o 11-M. No entanto, o seu maior éxito foi a novela Después del amor (2017), ambientada na España da II República. En 2023 gañou o Premio Planeta con Las hijas de la criada.

En 2020, Sonsoles embarcouse en novo proxecto televisivo e foi a encargada de presentar as galas dominicais do seu primeiro reality, La casa fuerte un espazo de prime time.

Durante 2021 e 2022, presentou Ya son las ocho.

En xullo de 2022, fichou por Atresmedia Televisión para presentar un novo proxecto en Antena 3 chamado Y ahora Sonsoles, estreado o 24 de outubro dese mesmo ano.

En decembro de 2023 participa como colaboración especial nos capítulos 2773 e 2775 da última tempada da serie Amar es para siempre interpretando a Sonsoles, xefa de prensa do alcalde madrileño Tierno Galván.

Sonsoles Ónega e Galicia Ao ser filla do galego nado en Pol Fernando Ónega, Galicia sempre foi o seu refuxio na infancia, a adolescencia e a madureza. Ao recoller o premio Planeta recalcou que era filla da maxia literaria galega e das lendas que percorren a terra.

Vida privada Casada desde 2008 co avogado Carlos Pardo Sanz, é nai de dous fillos.Sonsoles Ónega, nueva figura de la televisión encirculodeopinion.com En agosto de 2019 cesou a convivencia co seu marido e en 2020 deuse a coñecer a súa separación.

É íntima amiga da raíña Letizia.

Obra literaria

Calle Habana, esquina Obispo (2004). Septem Ed. 101 páxs. ISBN 9788495687951. Donde Dios no estuvo (2007). Grand Guignol Ed. Sobre o 11-M. ISBN 9788493509057. Después del amor (2017). Planeta. 592 páxs. ISBN 978-84-08-17390-8. Ambientada na España da II República. Las hijas de la criada (2023). Planeta. 480 páxs. ISBN 978-84-08-28017-0. Desenvólvese nun pazo galego. As fillas da criada (2024). Aira Ed. 480 páxs. ISBN 978-84-08-28017-0.

Televisión AnoProgramaCanleNotas1999 - 2005InformativosCNN+Redactora2005 - 2008Noticias CuatroCuatroReporteira200711-M: La derrota de los embusterosPresentadora2008 - 2018Informativos TelecincoTelecincoReporteira e cronista parlamentaria2018 - 2022Ya es mediodíaPresentadora2020A propósito de SupervivientesPresentadoraLa casa fuertePresentadoraQuijotes del siglo XXIPresentadora2021 - 2022Ya son las ochoPresentadora2022 - presenteY ahora SonsolesAntena 3Presentadora2023 - presenteHablando en plataPresentadora2024 - presenteLo tenemos que hablarPresentadora

Como convidada AnoProgramaCanleNotas2019Todo es mentiraCuatroConvidada2020Adivina qué hago esta nocheConvidadaSálvameTelecincoConvidada2021Volverte a verConvidadaRocío, contar la verdad para seguir vivaConvidada2022 - 2023El hormigueroAntena 3Convidada2022; 2024La RocaConvidada2022PasapalabraConvidadaZapeandoLa SextaConvidadaTu tiempo con Roberto BraseroAntena 3ConvidadaEspejo públicoConvidadaAntena 3 NoticiasConvidadaLa ruleta de la suerteConvidada2023Joaquín, el novatoConvidada AnoSerieCanlePersonaxeNotas2023Amar es para siempreAntena 3Sonsoles2 episodios

Premios

Antena de Prata Premio Letras de novela Corta (2004). Premio Fernando Lara de Novela (2017). Premio Planeta pola súa novela Las hijas de la criada (2023). Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Presentadores de televisión de España Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU