Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.
Historia miniatura|200px|esquerda|Primeira tenda de Zara na Coruña, na rúa Juan Flórez.
A marca foi fundada por Amancio Ortega en 1975, e a primeira tenda abriuna o 9 de maio dese ano na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1981 abre a súa primeira tenda fóra de Galicia, en Madrid, e en 1988 inaugura a primeira tenda internacional en Porto. A segunda tenda de Zara no estranxeiro abre o 27 de setembro de 1989 en Nova York, na avenida Lexington.
Nos seus inicios Zara traballaba en Galiza con pequenos obradoiros, cooperativas, de costureiras ás que entragaba o material xa cortado, botóns e fíos para que cosesen pola súa conta a roupa en prazos axustados. Os máis pequenos destes obradoiros-cooperativas foron desaparecendo segundo foi baixando o traballo e os cartos que lles pagaban."Os comezos de Inditex en Galicia" , artigo en Galicia Confidencial. Nas súas orixes nas tendas de Zara vendíase roupa doutras marcas, pasando co tempo a vender roupa só como Zara.
Zara é a cadea insignia do grupo Inditex e está representada en Europa, América, África e Asia con 1.481 tendas (outubro de 2008) Stores around the world , web de Inditex, consultado o 27 de outubro de 2008 en 71 países, delas 38 en Galiza.Zara. Nuestras tiendas, web de Zara, consultado o 27 de outubro de 2008 A súa sede central é Arteixo.
En 2015 a marca comezou a poñer puntos de autoservizo e pagamento, como ampliación da súa estratexia comercial na venda. O primeiro destes puntos foi posto no centro comercial Marineda City"El autoservicio llega a Zara", artigo en La Voz de Galicia, 1 de febreiro de 2015..
As tendas e as cifras miniatura|dereita|200px|Establecemento de Zara na rúa Vimmelskaftet de Copenhaguen. Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas , practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.
En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.
Modelo de negocio miniatura|esquerda|Tenda Zara en IFC, Hong Kong. Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo económico. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tendahttp://www.businessweek.com/globalbiz/content/apr2006/gb20060404_167078.htm?chan=innovation_branding_brand+profiles. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.
Mercado e clasificacións
En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera na clasificación a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.
En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo, por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial. Fóra da rede, o ránquin Brandz, da consultora estadounidense Millward Brown, situaba en 2007 a marca como a 90ª máis valiosa do planeta.
En xuño de 2012 Zara foi absolta na demanda que Christian Louboutin lle interpuxo por plaxio da súa sola vermella. Christian Louboutin tivo que pagar 2.500 euros a Zara como compensación"Zara gana a Louboutin una demanda por supuesto plagio de la suela roja" , La Voz de Galicia .
Citas O deseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo"Zara, a Spanish success story CNN.com .
Tendas no mundo
Distribución das tendas de Zara por zonas xeográficas:Tiendas en el mundo
Zara en África País # 10 tendas9 tendas4 tendas3 tendas2 tendas2 tendas </td> Zara en ASIA País #107 tendas 78 tendas 35 tendas 26 tendas 20 tendas 10 tendas 9 tendas 8 tendas 7 tendas 6 tendas 6 tendas 6 tendas 5 tendas 5 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 1 tenda 1 tenda 1 tenda<td valign=top>
Zara en Norteamérica País # 55 tendas 45 tendas 22 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 1 tenda
Zara en Europa País # 336 tendas 118 tendas 88 tendas 67 tendas 66 tendas 61 tendas 58 tendas 43 tendas 39 tendas 31 tendas 27 tendas 21 tendas 18 tendas 12 tendas 10 tendas 9 tendas 9 tendas 9 tendas 8 tendas 7 tendas 6 tendas 5 tendas 5 tendas 4 tendas 4 tendas 4 tendas 4 tendas 3 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 2 tendas 1 tenda 1 tenda 1 tenda 1 tenda 1 tenda </td> Zara en Suramérica País # 34 tendas 10 tendas 10 tendas 9 tendas 7 tendas 2 tendas 1 tenda 1 tenda<td valign=top>
Zara en Australia País # 5 tendas
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Roupa Amancio Ortega Rosalía Mera Sandra Ortega Mera Marta Ortega Inditex Ligazóns externas Zara INDITEX Planeta Zara. Vídeo en Youtube, 55'18"
Categoría:Inditex Categoría:Empresas téxtiles de Galicia