Savvusanna sõsarad (que en lingua võro quere dicir "irmás da sauna de fume") é un filme documental estoniano de 2023 escrito e dirixido por Anna Hints, no seu debut como directora. Trátase dun grupo de mulleres que se reúnen nunha sauna de fume onde limpan a sucidade dos seus corpos avergoñados e doridos. Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. É unha coprodución entre Estonia, Francia e Islandia.
Savvusanna sõsarad estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 22 de xaneiro de 2023, onde competiu na sección World Cinema Documentary e gañou o premio á mellor dirección.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Islandia