Un varón é un filme colombiano de 2022 escrito e dirixido por Fabián Hernández Alvarado no seu debut como cineasta. Está protagonizado por Felipe Ramírez Espitia. Conta a historia dun adolescente que terá que enfrontarse á ferocidade do seu barrio onde os códigos de masculinidade e a lei do máis forte son obrigatorios para sobrevivir. Trátase dunha coprodución entre Colombia, Alemaña, Francia e os Países Baixos.

Un varón tivo a súa estrea mundial o 24 de maio de 2022 no Festival de Cinema de Cannes de 2022, onde gañou o premio Caméra d'Or e a Queer Palm. Foi escollido como candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Os actores que participaron no filme son:

Felipe Ramírez Espitia como Carlos Juanita Carrillo Ortiz como Nicole Jhonathan Steven Rodríguez como Freddy

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dos Países Baixos Categoría:Filmes sobre sexualidade Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Colombia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Alemaña Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Países Baixos Categoría:Filmes ambientados en Bogotá Categoría:Filmes rodados en Bogotá