Cleofé Osorio Otero, nada en Ourense o 9 de marzo de 1901 e finada na mesma cidade o 13 de abril de 2002, foi unha mestra galega.

Traxectoria Filla de Francisco Osorio García e Pilar Otero López e irmá de Delia Osorio Otero. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense. Completou os estudos para ser mestra entre 1925 e 1926. Presentouse as oposición en 1928 e acabou facendo os cursos profesionais de acceso ao maxisterio en 1931. En 1932 foi destinada á escola de nenas de Penavaqueira (Melón).“Nombramientos de interinos” (19 de abril de 1932). El Pueblo Gallego, p. 12 Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense.MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0009.MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración” . 32-12791-029-0017. En 1936 foi destinada á escola de Berrande (Vilardevós).

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída a principios de agosto.La Región, 5-8-1936, p. 4. Como resultado do expediente de depuración foi separada definitivamente do servizo e baixa na escala en abril de 1940. Revisado o seu expediente en 1942, foi sancionada co traslado dentro da provincia.MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0024. Readmitida, foi destinada á escola de Alende (A Peroxa). Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cleofé Osorio Otero

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1901

Categoría:Finados en 2002