Daniel Rodríguez Rodríguez, nado en Redes (Ares), foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Patricio Rodríguez Díaz de Pontedeume, maxistrado en Valladolid, e Ángela Rodríguez Coucillas de Redes. Liberal e progresista, o seu irmán e máis el estiveron implicados na conspiración de 1866 para derrocar a Isabel II, tendo que exiliarse en Inglaterra e despois en París. Estudou dereito e opositu ao corpo xudicial. Foi nomeado maxistrado da Audiencia de Barcelona en 1880.El Trabajo, 13-3-1880, p. 3. Foi elixido deputado polo distrito de Pontedeume en 1881. Renunciou ao escano o 20 de xullo de 1883 ao ser nomeado maxistrado da Audiencia de Madrid.El Correo Gallego, 17-7-1883, p. 2.

O seu irmán Gaspar Rodríguez Rodríguez, médico, foi tamén deputado pola Coruña, Ortigueira e Pontedeume.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ares Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido