O Centro Pai Menni é un centro de acollida situado en Betanzos, inaugurado en 1923 como Refugio para niñas anormales.
Características Está situado na zona do Coto, subindo do barrio das Cascas cara á Infesta (Betanzos).
Naceu coa función de acoller nenas enfermas, orfas e con discapacidades físicas nunhas instalacións que combinaban asilo e escola. Dende a súa inauguración foi confiado ás Irmás Hospitalarias do Sagrado Corazón. Na década de 1960, co cambio das necesidades sanitarias, transfórmase no Instituto Médico-Pedagóxico da Nosa Señora do Sagrado Corazón para deficientes mentais.
Aínda que moi transformado, o edificio segue contando con detalles do edificio orixinal como os murais bíblicos que existen na súa entrada ou as estatuas dun músico e un home cun can na parte alta do recinto.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Betanzos Categoría:Betanzos sen imaxes Categoría:Saúde en Galicia