José María Pillado Mouriz, nado en Coea (Castro de Rei) cara a 1874 e finado no mesmo lugar o 14 de maio de 1942, foi un político galego.
Traxectoria
Leal a José Benito Pardo Rodríguez. Foi presidente do sindicato católico-agrario de Santa Locaia (1928-1932). Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Castro de Rei. Volveu ser concelleiro na República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Castro de Rei en 1937. Foi deputado provincial. Denunciou por estafa ao anterior alcalde, José Antonio Pacio Seco e obrigouno a restituir o diñeiro recadado. Esta denuncia motivou as protestas dalgúns párrocos, como o de Xustás e Bexán (Cospeito), Jesús Canto Castro, que enviaron un escrito ao gobernador civil o 4 de novembro de 1937 afirmndo que a restitución do diñero "causó muy mal efecto hasta en estas parroquias limítrofes de Cospeito dando así motivos a varios comentarios". O párroco de Duancos e Orizón, Domingo Fernández Galán, afirmaba no escrito que José Pillado "había dejado sin cuota del Plato único a la mayor parte de los izquierdistas de estas mis parroquias, después de haberle pedido yo en persona que les impusiera algo aunque fuese poco".Castro de Rei en la Guerra Civil José Pillado foi cesado en 1938. Finou en Coea o 14 de maio de 1942 aos 67 anos.Necrolóxica en El Progreso, 15-5-1942, p. 3. Vida persoal
Foi pai de María Josefa e María del Carmen Pillado Rodríguez. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
O Bazar que eu recordo
Categoría:Alcaldes de Castro de Rei Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo
Categoría:Nados en Castro de Rei
Categoría:Nados en 1874
Categoría:Finados en 1942