O Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (en inglés European Center for Disease Prevention and Control ou ECDC) é unha axencia da Unión Europea (UE) que se ocupa da loita contra as enfermidades infecciosas.
Historia Creada en marzo de 2004 polo Consello da Unión Europea e o Parlamento Europeo, entrou en funcionamento en marzo de 2005 e ten a súa sede na cidade de Estocolmo, no municipio de Solna.
A súa directora executiva desde 2024 é a doutora Pamela Rendi-Wagner, substituíndo á doutora Andrea Ammon.
Funcións e programas Os programas de enfermidades do ECDC cobren a resistencia aos antibióticos e as infeccións asociadas á asistencia sanitaria; doenzas emerxentes e transmitidas por vectores; enfermidades e zoonoses transmitidas por alimentos, SARS e auga; VIH/ SIDA, infeccións de transmisión sexual e hepatite viral; gripe e outros virus respiratorios; tuberculose; e enfermidades prevenibles por vacinas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Portal do Centre Europeo de Prevención e Control de Doenzas
Categoría:Organizacións Categoría:Axencias da Unión Europea Categoría:Saúde pública