A Suma da lóxica (latín: Summa Logicae) é un manual de lóxica de Guillerme de Ockham, escrito arredor do 1323.

Resumo A obra aseméllase a outros tratados de lóxica medieval, polo que está organizado seguindo o esquema básico aristotélico, típico da escolástica:

Termos, predicables e categorías (Libro I) Proposicións (Libro II) Siloxismos e falacias (Libro III)

A importancia deste texto reside na súa exposición do nominalismo ockhamiano, unha postura relativa ao problema dos universais, que dominou a filosofía medieval europea.

Estrutura Libro I: o termo CapítulosContidos1-17Os termos: que son e como se dividen. O problema dos universais.18-25Os cinco predicables de Porfirio.26-62As categorías de Aristóteles (praedicamenta, segundo a tradución latina de Boecio). Definicións e descricións, suxeito e predicado, o todo e a parte. As dez categorías: substancia, cantidade, relación, calidade, acción, paixón, tempo, lugar, posición e hábito.63-77Teoría da suposición (suppositum).

Libro II: as proposicións CapítulosContidos1-20Sobre as proposicións categóricas.21-29Sobre a conversión entre proposicións.30-37Sobre as proposicións hipotéticas.

Libro III: o siloxismo Parte I: os siloxismos CapítulosContidos1-19Sobre os siloxismos categóricos.20-30Sobre os siloxismos modais.31-63Sobre os siloxismos mixtos.64-68Outros tipos de siloxismos

Parte II: a demostración +CapítulosContidos1-41Exposición sistemática da Analitika protera (Ἀναλυτικὰ Ὕστερα, "Analíticos posteriores") de Aristóteles.

Parte III: as consecuencias +CapítulosContidos1-37Exposición sistemática dos Topika (Τοπικά, "Tópicos") de Aristóetles. Definición e división das consecuencias. Distinción entre implicación material e lóxica, de xeito similar a Jean Buridan e Alberte de Saxonia.38-45Teoría das obligationes.46Paradoxo do mentireiro

Parte IV: as falacias +CapítulosContidos1-18Exposición sistemática dos tipos de falacias

Influencia O pensamento de Ockham tería unha importancia decisiva na historia da filosofía, como culminación do período medieval. A súa proposta nominalista, desenvolvida no primeiro libro, foi a máis elaborada da época, e sería moi influente en séculos posteriores. Por outra banda, na súa argumentación en contra do realismo, aplicou implicitamente un principio metodolóxico segundo o cal non se deberían asumir máis entidades das necesarias para ofrecer unha explicación satisfactoria dos fenómenos. A día de hoxe, coñécese como navalla de Ockham no seu nome.

Traducións Suma da Lóxica (1999). Tradución directa ao galego de Xosé Calviño Pueyo e Xosé María Liñeira Reboredo. Xunta de Galicia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Texto completo en latín e inglés (Logic Museum)

Categoría:Obras traducidas do latín ao galego Categoría:Lóxica Categoría:Filosofía da Idade Media