miniatura|Vídeo dun cortexo guérewol. miniatura|dereita|Participantes da danza guérewol. O gañador final foi o mozo alto do medio. Fotografado en 1997 en Níxer. miniatura|Unha moza doncela xulga os homes que compiten nun guérewol en 1997.|300x300px O guérewol, tamén escrito como guerewol ou gerewol, é un ritual de cortexo que se realiza anualmente entre os fula wodaabe de Níxer. Neste ritual, os mozos vístense cunha elaborada ornamentación e maquíllanse coa pintura facial tradicional. Reúnense en filas para bailar e cantar, disputando a atención das mozas casables. O guérewol ocorre cada ano cando os pastores de gando wodaabe, tradicionalmente nómades, se reúnen no bordo sur do Sáhara antes de dispersarse cara ao sur nos seus pastos da estación seca.

O punto de reunión máis famoso é In-Gall no noroeste de Níxer, onde teñen lugar un gran festival, mercado e unha serie de reunións de clans tanto para os wodaabe como para os pastores tuaregs. O evento de baile real chámase Yaake, mentres que outros elementos menos famosos, como os trocos de dote, competicións ou carreiras de camelos entre pretendentes, compoñen o guérewol dunha semana.Niger's dandy Gerewol festival . Iain Gately. The Times, 4 de xullo de 2004 O Guérewol celébrase onde se reúnen os wodaabe: dende Niamey, a outros lugares os wodaabe viaxan no seu ciclo de transhumancia, tan lonxe como o norte do Camerún e Nixeria.Niger: Wodaabé wannabes. Richard Barltrop. The Telegraph (Londres). 22 de febreiro de 2001

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Samuel Decalo. Historical Dictionary of Niger. Scarecrow Press, Londres e New Jersey (1979). Jolijn Geels. Niger. Bradt London and Globe Pequot New York (2006). . "gerewol." Encyclopædia Britannica. 2009. Encyclopædia Britannica Online. 30 de abril de 2009. Loncke, Sandrine. Geerewol : Musique, danse et lien social chez les Peuls nomades wodaabe du Niger. Société d'ethnologie, 2015, 415 p. (with a DVD-ROM including annotated music recordings, short videos and the documentary feature La danse des Wodaabe) Ligazóns externas Report on a 2001 trip with a Wodaabe group to Cure Salée , from Sahara with Michael Palin Guérewol - The Festival of Celebrating Beauty, from EF News International Geerewol, by Sandrine Loncke (Website about Wodaabe ritual celebrations, with annotated music recordings and short videos featuring dance and ritual sequences. Supplement to the book of the same author). Online musical archives dedicated to Fulbe Wodaabe singings (Telemeta, CREM-CNRS).

Categoría:Cultura de Níxer