Vera é un filme austríaco-italiano de 2022 dirixido e producido por Tizza Covi e Rainer Frimmel. Está protagonizado por Vera Gemma que fai unha versión semificticia dela mesma. Estreouse na sección Orizzonti da 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou os premios ó mellor director e mellor actriz. Foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Vera Gemma como Vera Giuliana Gemma como Giuli Asia Argento como Asia Alessandra Di Sanzo como Alessandra Daniel De Palma como Daniel Sebastian Dascalu como Manuel Gennaro Lilio como Gennaro Annamaria Ciancamerla como a avoa Ivan Bellavista como o director da audición

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes de Italia