Amstelveen é un concello da provincia de Holanda Setentrional, nos Países Baixos. Limita ao norte con Ámsterdam e atópase preto do aeroporto de Schiphol. Cunha poboación de 92 353 habitantes en 2022, forma parte da área metropolitana de Ámsterdam.
Etimoloxía O primeira parte do nome Amstelveen vén do río Amstel e veen turba ou páramo.
Xeografía O concello de Amstelveen está formado polas vilas históricas de Bovenkerk e Nes aan de Amstel. Ademais do centro Amstelveen, tamén abrangue os barrios de Westwijk, Bankras-Kostverloren, Groenelaan, Waardhuizen, Middenhoven, Randwijk, Elsrijk e Keizer Karelpark. Amstelveen acolle a sede internacional da aeroliña nacional holandesa KLM (aínda que está previsto que se desprace a Schiphol en 2024) e tamén KPMG.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades dos Países Baixos Categoría:Concellos de Holanda Setentrional