Sophus Jacobsen, nado en Halden o 7 de setembro do 1833 e finado en Düsseldorf o 13 de maio do 1912, foi un pintor paisaxista noruegués da escola de Düsseldorf.
Traxectoria Jacobsen viviu en Düsseldorf dende o 1853, onde estudou con Hans Fredrik Gude. Entre o 1856 e o 1912, foi membro da asociación de artistas Malkasten ("A caixa de pinturas"). No 1859, vivía nunha mesma casa xunto cos pintores Vincent Stoltenberg Lerche, August Bromeis, Karl Schlesinger e Alexei Petrovich Bogolyubov. Realizou varias viaxes de estudo a Noruega e Italia, así como a diversas rexións de Alemaña. Algunhas das súas obras expuxéronse na colección permanente da galería de arte de Bremen en maio do 1881.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sophus Jacobsen (Art Renewal Center)
Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en 1833 Categoría:Personalidades de Noruega Categoría:Pintores paisaxistas Categoría:Pintores de Noruega