Lora Grigorievna Iakovleva (en ), nada en Perm o 21 de abril de 1932, é unha xadrecista rusa. Foi campioa do mundo de xadrez por correspondencia .
Traxectoria Iakovleva comezou a xogar ao xadrez aos 19 anos. Clasificouse en varias ocasións para o Campionato Feminino da RSFSR.
Xadrez por correspondencia miniatura|Participantes no 1º Mundial Feminino O seu primeiro éxito significativo foi un 5º posto nas semifinais do Campionato da URSS. En 1972 quedou terceira no 1º Mundial Feminino. Na segunda edición, en 1977, gañou o título de campioa mundial feminina. Cunha puntuación de 9,5/11 empatou no primeiro posto coa entón defensora do título, Olga Rubtsova. Porén, Iakovleva recibiu o título tras seren recalculadas as puntuacións.
Nas segundas Olimpíadas Femininas de Xadrez por Correspondencia (1980–1986) gañou a medalla de ouro para o equipo soviético. Formaban parte del, amais de ela mesma, Olga Rubtsova, Marta Litinskaia e Ludmila Belavenets.
Vida privada Iakovleva traballou como enxeñeira física en Perm. Ten dous fillos.
Notas
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Perm Categoría:Xadrecistas de Rusia Categoría:Enxeñeiros de Rusia