Rabo de Peixe é unha serie de televisión portuguesa baseada en feitos reais creada e dirixida por Augusto Fraga. Estreouse o 26 de maio de 2023 en Netflix e o 29 de maio xa era a décima serie máis vista a nivel mundial na plataforma. O 30 de maio xa era a sétima e estaba entre as dez primeiras en 33 países.
O 15 de xuño de 2023, a serie foi renovada por unha segunda tempada.
Sinopse A historia transcorre na freguesía azoriana de Rabo de Peixe, cando unha tonelada de cocaína chega a terra, cambiando por completo a vida dos habitantes. Eduardo, un mozo pescador, e os seus amigos comezan a vender a cocaína. Pero, unha tonelada de cocaína non pasa desapercibida e os nosos protagonistas enfrontaranse aos donos desta droga, á policía e a unha serie de personaxes imprevisibles nunha perigosa aventura sen retorno.
Elenco Elenco principal José Condessa como Eduardo Melo Helena Caldeira como Sílvia Arruda André Leitão como Carlos «Carlinhos» Rodrigo Tomás como Rafael Medeiros Maria João Bastos como Inspetora Frias Albano Jerónimo como Arruda
Elenco recorrente Afonso Pimentel como Ian Kelly Bailey como Bruna Pêpê Rapazote como Uncle Joe Francesco Acquaroli como Monti Adriano Carvalho como Jeremias Melo Marcantonio Del Carlo como Francesco Bonino
Elenco adicional
Dinarte de Freitas como José «Zé do Frango» Salvador Martinha como Inspetor Francisco João Pedro Vaz como Banha Luísa Cruz como Valentina David Medeiros como Lavrador Miguel Damião como Padre António Benedita Pereira como Elvira Dutra Romeu Bairos como Sandro G Rafael Morais como Morcela José Medeiros como Recluso Daniela Ruah como Fátima Tomás Furtado de Melo como Polícia #1 Keven Santos como Polícia #2 Luís Henrique Matos como Marcelino Frederico Amaral como Ferrugem Maria João Falcão como Gisela Ana Lopes como Repórter Nelson Cabral como Empregado do Hotel Fiumani como Gianluca
Episodios
Tempestade Lei da oferta e da procura Terra treme Pela boca morre o peixe Ninguém foge de uma ilha O canto do cisne Isto não é a América
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua portuguesa Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023 Categoría:Series de televisión de Portugal Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2000