Soiuz MS-09 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 6 de xuño de 2018 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-09, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Prokopiev, Alexander Gerst e Serena Auñón-Chancellor a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación dous días despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 56, Oleg Artemiev, Andrew J. Feustel e Ricky Arnold. Despois da marcha da Soiuz MS-08 comezou oficialmente a Expedición 57 cos membros da Soiuz MS-09. Durante a noite do 29 ao 39 de agosto detectouse unha leve caída na presión da atmosfera da estación, duns 0,8 milibares por hora. A causa resultou ser un pequeno burato na Soiuz MS-09 de orixe descoñecida que se selou primeiro temporalmente con cinta e logo cun preparado de epoxi. Para investigalo, Kononenko e Prokopiev fixeron unha excursión extravehicular para cortar o illamento térmico na zona do burato e apartar o escudo antimeteoritos de aluminio.miniatura|O burato máis pequeno foi o causante da perda de presión na ISS. Tras especular con varias causas, como o impacto dun micrometeorito ou a fatiga de material, determinouse que a causa estivo no proceso de construción da cápsula, no que un operario taladrou por erro o burato, selandoo con pegamento e permitindo que a cápsula pasara as probas de presión en terra antes do lanzamento. Unha vez no espazo, o pegamento aguantou os dous primeiros meses para logo, aparentemente, desprenderse do burato e producir a perda de presión. Os enxeñeiros consideraron que unha vez selado o burato con epoxi, a cápsula era segura para o regreso. Despois dun atraso de máis dunha semana sobre a data prevista debida ao aborto do lanzamento da Soiuz MS-10, e tras 197 días en órbita, a Soiuz MS-09 desacoplouse do módulo Rassvet o 20 de decembro de 2018. Unhas horas máis tarde aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz