Guaruba guarouba é unha especie de papagaio neotropical de tamaño medio e cor dourada. É orixinaria da bacía do Amazonas, no interior do norte do Brasil. É a única especie clasificada dento do xénero Guaruba.

A súa plumaxe é maioritariamente amarela brillante, de aí o seu nome común, pero tamén posúe rémixes verdes. Vive nas selvas tropicais máis secas e altas da bacía amazónica do Brasil, e está ameazada pola deforestación e os asolagamentos, e tamén polas trampas ilegais para o comercio de animais de compañía. Aparece na lista do convenio CITES no apéndice I.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da especie en BirdLife International

Categoría:Aves do Brasil Categoría:Aves do Amazonas Categoría:Aves endémicas do Brasil Categoría:Animais descritos en 1788