O accidente do voo 571 da Forza Aérea Uruguaia aconteceu o venres 13 de outubro de 1972, cando o Fairchild FH-227D, un voo chárter que o día anterior engalara de Montevideo con destino Santiago de Chile, se estrelou na cordilleira dos Andes. O accidente aéreo e a posterior supervivencia dalgúns dos pasaxeiros pasarían a coñecerse en castelán coma «tragedia de los Andes» e «milagro de los Andes», é dicir, «traxedia dos Andes» e «milagre dos Andes», respectivamente.

Mentres o avión cruzaba os Andes, as nubes agochaban as montañas. Os pilotos creron erroneamente que a aeronave xa sobrevoara Curicó, onde viraría ao norte para iniciar o seu descenso cara o Aeroporto Los Cerrillos da capital chilena. Non se decataron de que as lecturas dos instrumentos indicaban que aínda se atopaban a entre 60 e 70 km de Curicó.

A aeronave comezou a descender antes de tempo mentres aínda sobrevoaba os Andes, impactando deste xeito contra o fío dunha montaña. As dúas ás e a sección da cola desprendéronse da fuselaxe. O resto da fuselaxe escorregouse pola montaña a unha velocidade aproximada de 350 km/h, descendeu uns 750 m e estrelouse contra o xeo e neve do glaciar Las Lágrimas a 3570 m s. n. m. na Provincia de Mendoza, na Arxentina, a tan só 1200 m da fronteira con Chile. As autoridades comezaron decontado a busca do avión e sobrevoaron o lugar do accidente varias veces durante os seguintes días, mais non acadaron enxergar a branca fuselaxe sobre a neve. O 21 de outubro, cancelouse a busca.

A aeronave transportaba a cinco tripulantes e cuarenta pasaxeiros, incluídos dezanove membros do equipo de rugby Old Christians Club, xunto a algúns familiares, simpatizantes e amigos. Tres membros da tripulación e dez pasaxeiros morreron a causa do impacto, mentres que catro persoas finaron durante a primeira noite debido ás xélidas temperaturas e ás súas graves feridas. Nas semanas posteriores finaron doce máis, de entre elas, oito por mor dun alude.

Táboa cronolóxica +DíaDataEventos e mortesN.o de finadosN.o de desaparecidosN.o de sobreviventesDía 012 de outubroEngalaxe dende Montevideo, Uruguai.45 sobreviventesDía 113 de outubroEngalaxe, após unha parada, ás 14:18 dende Mendoza, Arxentina. Colisión ás 15:34. Caen do avión:

Gastón Costemalle Jardi (23 anos, estudante de dereito) Jorge Alexis "Alejo" Hounié Sere (20 anos, estudante de veterinaria) Guido José Magri Gelsi (23 anos, estudante de agronomía) Tenente primeiro Ramón Saúl Martínez Rezende (30 anos, navegante) Soldado de primeira Ovidio Joaquín Ramírez Barreto (26 anos, auxiliar de voo) Daniel Gonzalo Shaw Urioste (25 anos, gandeiro e curmán de Eduardo e Adolfo Strauch Urioste) Carlos Alberto Valeta Vallendor (18 anos, estudante)

Finan por mor do choque ou pouco despois:

Eugenia Dolgay Diedug de Parrado (50 anos, nai de Fernando Parrado) † Coronel Julio César Ferradás Benítez (39 anos, piloto) † Esther Horta Pérez de Nicola (40 anos, cónxuxe do médico do equipo de rugby) † Felipe Horacio Maquirriain Ibarburu (22 anos) † Dr. Francisco Nicola Brusco (40 anos, médico do equipo de rugby) † Fernando Vázquez Nebel (20 anos, estudante de medicina) †6 finados7 desaparecidos32 sobreviventesDía 214 de outubroFinan durante a primeira noite:

Francisco Domingo "Panchito" Abal Guerault (21 anos) † Graciela Obdulia Augusto Gumila de Mariani (43 anos, convidada a unha voda) † Tenente coronel Dante Héctor Lagurara Guiado (41 anos, copiloto) † Julio Martínez-Lamas Caubarrère (24 anos) †10 finados7 desaparecidos28 sobreviventesDía 921 de outubroFina:

Susana Elena Alicia Parrado Dolgay (20 anos, irmá de Fernando Parrado) †11 finados7 desaparecidos27 sobreviventesDía 1224 de outubroAtópanse os cadáveres de:

Gastón Costemalle Jardi † Jorge Alexis "Alejo" Hounié Sere † Guido José Magri Gelsi † Tenente primeiro Ramón Saúl Martínez Rezende † Soldado de primeira Ovidio Joaquín Ramírez Barreto †16 finados2 desaparecidos27 sobreviventesDía 1729 de outubroUn alude mata a:

Daniel Agustín Maspons Rosso (20 anos) † Juan Carlos Menéndez Villaseca (22 anos) † Liliana Beatriz Navarro Petraglia de Methol (34 anos, cónxuxe de Javier Methol) † Gustavo Diego "Coco" Nicolich Arocena (20 anos, estudante de veterinaria) † Marcelo Pérez del Castillo Ferreira (25 anos, capitán do equipo de rugby) † Enrique Platero Riet (22 anos, estudante de agricultura) Soldado de primeira Carlos Roque González (24 anos, mecánico do avión) † Diego Storm Cornah (20 anos, estudante de medicina) †24 finados2 desaparecidos19 sobreviventesDía 3415 de novembroFina:

Arturo Eduardo Nogueira Paullier (21 anos, estudante de economía) †25 finados2 desaparecidos18 sobreviventesDía 3718 de novembroFina:

Rafael Echavarren Vázquez (22 anos, estudante de gandería láctea) †26 finados2 desaparecidos17 sobreviventesDía 6011 de decembroFina:

Numa Turcatti Pesquera (25 anos, estudante de dereito) †27 finados2 desaparecidos16 sobreviventesDía 6112 de decembroRoberto Canessa, Fernando Parrado e Antonio Vizintín saen á procura de axuda.27 finados2 desaparecidos16 sobreviventesDía 6213 de decembroAtópase o cadáver de:

Daniel Gonzalo Shaw Urioste †28 finados1 desaparecido16 sobreviventesDía 6314 de decembroAtópase o cadáver de:

Carlos Alberto Valeta Vallendor †29 finados0 desaparecidos16 sobreviventesDía 6415 de decembroVizintín retorna á fuselaxe.29 finados0 desaparecidos16 sobreviventesDía 6920 de decembroParrado e Canessa atópanse co carreteiro chileno, Sergio Catalán.Día 7021 de decembro2 persoas son rescatadas:

Fernando Seler "Nando" Parrado Dolgay (23 anos) Roberto Jorge Canessa Urta (19 anos)Día 7122 de decembro6 persoas son rescatadas:

Daniel Fernández Strauch (26 anos) José Luis Nicolás "Coche" Inciarte Vázquez (24 anos) Álvaro Mangino Schmid (19 anos) Carlos Miguel "Carlitos" Páez Rodríguez (19 anos) Eduardo José Strauch Urioste (25 anos) José Pedro Jacinto María Algorta Durán (21 anos)Día 7223 de decembro8 persoas son rescatadas:

Alfredo Daniel "Pancho" Delgado Salaberri (25 anos) Adolfo Luis "Fito" Strauch Urioste (24 anos) Roberto Fernando Jorge "Bobby" François Álvarez (21 anos) Roy Álex Harley Sánchez (20 anos) Javier Alfredo Methol Abal (37 anos) Ramón Mario "Moncho" Sabella Barreiro (21 anos) Antonio José "Tintín" Vizintín Brandi (19 anos) Gustavo Zerbino Stajano (19 anos)

Sobreviventes Os sobreviventes Javier Alfredo Methol Abal e José Luis Nicolás Inciarte Vázquez finaron, por mor dun cancro, en 2015 e 2023, respectivamente. Na actualidade, os demais sobreviventes do accidente aéreo aínda viven. +NomeIdadeOcupaciónNotasAdolfo Luis "Fito" Strauch Urioste24Estudante de enxeñaría agrónomaAlfredo Daniel "Pancho" Delgado Salaberri25Licenciado en dereitoÁlvaro Mangino Schmid19Estudante de enxeñaría técnica agropecuariaAntonio José "Tintín" Vizintín Brandi19Estudante de dereitoCarlos Miguel "Carlitos" Páez Rodríguez19Estudante de enxeñaría técnica agropecuariaDaniel Fernández Strauch26Enxeñeiro agrónomoEduardo José Strauch Urioste25Estudante de enxeñaría agrónomaFernando Seler "Nando" Parrado Dolgay23Estudante de enxeñaría mecánicaGustavo Zerbino Stajano19Estudante de medicinaJavier Alfredo Methol Abal37Empresario† — Finado en 2015José Luis Nicolás "Coche" Inciarte Vázquez24Estudante de enxeñaría agrónoma† — Finado en 2023José Pedro Jacinto María Algorta Durán21Estudante de economíaRamón Mario "Moncho" Sabella Barreiro21Estudante de enxeñaría agrónomaRoberto Fernando Jorge "Bobby" François Álvarez21Estudante de enxeñaría agrónomaRoberto Jorge Canessa Urta19Estudante de medicinaRoy Álex Harley Sánchez20Estudante de enxeñaría industrial

Obras

Cinema e televisión

Supervivientes de los Andes (1976) — Produción cinematográfica mexicana dirixida por René Cardona Jr. e baseada no libro Survive!, de Blair. Alive (1993) — Longametraxe dirixida por Frank Marshall, narrado por John Malkovich e protagonizado por Ethan Hawke, baseada no libro homónimo de Read. O sobrevivente Nando Parrado, participou coma conselleiro técnico do filme. Alive: 20 Years Later (1993) — Documental producido, dirixido e escrito por Jill Fullerton-Smith e narrado por Martin Sheen. Expón as vidas dos sobreviventes vinte anos despois do accidente e relata a súa participación no filme Alive. La sociedad de la nieve (2007) — Escrito e dirixido por Gonzalo Arijón, é un documental entrelazado con escenas dramatizadas. Entrevístase a tódolos sobreviventes, amais dalgúns familiares e persoas envoltas no rescate. Documentase unha expedición na que os sobreviventes retornan ao lugar do accidente. O filme estreouse en 2007, no Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam, onde recibiu o premio Joris Ivens. «Trapped: Alive in the Andes» (7 de novembro de 2007) — Episodio da tempada 1 da serie de televisión e documental Trapped, de National Geographic. A serie examina os incidentes que deixaron aos sobreviventes atrapados durante o período do accidente.

Notas

Categoría:Aviación no Uruguai Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1972 Categoría:Accidentes aéreos en Chile Categoría:Accidentes aéreos en Arxentina