Pilar Quintana, nada en Cali en 1972, é unha escritora colombiana. Foi a gañadora do Premio Alfaguara de Novela do ano 2021.
Traxectoria Pilar Quintana naceu en Cali, Colombia en 1972. Estudou no colexio Liceo Benalcázar de Cali e posteriormente comunicación social na Universidade Xaveriana de Bogotá. Logo de graduarse traballou como libretista de televisión e redactora de textos para publicidade. Viaxou tres anos polo mundo e ao seu regreso a Colombia radicouse no Pacífico colombiano.
En 2007 foi elixida como unha das 39 escritoras menores de 39 anos máis destacados de América Latina polo Hay Festival. En 2010 a súa novela Coleccionistas de polvos raros recibiu o premio La Mar de Letras, outorgado polo festival La Mar de Músicas de Cartaxena, en España. En 2011 representou a Colombia no International Writing Program da Universidade de Iowa.
En 2018 a súa novela La perra recibiu o IV Premio Biblioteca de Narrativa Colombiana. Na acta do xurado lida por Alonso Cueto, escribiuse sobre a novela: “ante todo, a grande economía e calidade literaria da prosa; a súa capacidade de amosar unha extraordinaria opresión no medio dunha grande apertura e inmensidade xeográfica. O libro lese sen pausa e a súa historia conflúe cara á descrición sen estridencias retóricas dun pequeno drama que se relata de maneira serena, firme e luminosa”.
En 2021 gañou o XXIV Premio Alfaguara de Novela coa obra titulada "Los abismos", un libro no que trata as relacións familiares dende a perspectiva dunha nena. Nesta edición presentáronse máis de 2400 obras nas que o xurado formado por Héctor Abad Faciolince como presidente, xunto a Irene Vallejo, Cristina Fuentes La Roche, Ana Merino, Xavi Ayén, Xavier Vidal e Pilar Reyes seleccionou a obra de Quintana.
Obra A súa obra caracterízase por estar relacionada con aspectos da violencia colombiana, o erotismo e o realismo. Publicou as novelas Cosquillas en la lengua (Planeta, 2003), Coleccionistas de polvos raros (Norma, 2007; El Aleph, El Cobre, 2010), Conspiración iguana (Norma, 2009); a colección de contos "Caperucita se come al lobo" (Cuneta, 2012) e La perra (Random House, 2017), ademais de contos en revistas e antoloxías de Latinoamérica, España, Italia, Alemaña, os Estados Unidos e Filipinas.
Publicacións Novelas Cosquillas en la lengua. Editorial Planeta, 2003, Bogotá. Coleccionistas de polvos raros. Grupo Editorial Norma, 2007, Bogotá. Barcelona: El Aleph, 2010 (edición revisada). Conspiración iguana. Grupo Editorial Norma, 2009, Bogotá. La perra. Literatura Random House, 2017, Bogotá. Gañadora do IV Premio Biblioteca de Narrativa Colombiana. Los abismos. Alfaguara, 2021. Gañadora do XXIV Premio Alfaguara de Novela. La perra. Editorial Alfaguara, 2023.
Coleccións de contos Caperucita se come al lobo. Santiago de Chile: Editorial Cuneta, 2012.
Contos en antoloxías entre 2007 e 2010 "Violación". B 39: Antología de cuento latinoamericano. Bogotá: Ediciones B, 2007. "El hueco". Etiqueta Negra, agosto de 2008. "La nueva aventura Caperucita Roja, donde ella se come al lobo". SoHo, outubro de 2008. "Olor". Eñe: Nuevos escritores de América Latina, inverno de 2008. "El estigma de Yossef". Avianca, decembro de 2008. "Una segunda oportunidad". El corazón habitado: Últimos cuentos de amor en Colombia. Cádiz: Algaida, 2010. "No sos vos, es tu...". SoHo, novembro de 2010.
Recoñecmentos 2010 Premio "La mar de letras" con Coleccionistas de polvos raros 2017 Premio Biblioteca de Narrativa Colombiana con La perra 2021 Premio Alfaguara de Novela con Los abismos
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Novelistas de Colombia Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Xaveriana Categoría:Nados en Cali