A cidade antiga de Bosra é un sitio arqueolóxico situado na cidade de Bosra, Siria. O sitio ilustra as civilizacións romana, bizantina e musulmá, e está inscrito pola UNESCO na lista de Patrimonio da Humanidade.
Historia Bosra, antigamente a capital da provincia romana de Arabia, foi unha importante escala na antiga ruta de caravanas cara á Meca. Dentro das súas grandes murallas atópanse un magnífico teatro romano do século II, ruínas paleocristiás e varias mesquitas.
Patrimonio da Humanidade da UNESCO En 1980, a antiga cidade de Bosra catalogouse como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, seguindo os criterios (I), (III) e (VI). A área protexida é de 116,2 ha, mentres que a zona de seguridade comprende 200,4 ha.
Non obstante, en 2017, o sitio foi inscrito na lista do Patrimonio Mundial en Perigo, por mor dun conflito armado no país.
Galería
Notas
Véxase tamén
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Siria Categoría:Sitios arqueolóxicos de Siria Categoría:Patrimonio da Humanidade en perigo