María Seoane Toimil, nada en Oleiros (Silleda) o 14 de decembro de 1952, foi unha psicóloga galega desaparecida da ditadura arxentina.
Traxectoria Filla de Manuel Seoane Tallón e Victorina Toimil Dobarro, emigrou a Arxentina coa familia en 1957. Estudou no Colexio das Hermanas Canossianas en Berisso. Fixo a carreira de Psicoloxía na Universidade Nacional de La Plata. Traballaba na empresa Petroquímica General Mosconi. Militante de JP Montoneros. Foi secuestrada no domicilio dos seus pais en Berisso (La Plata) por un grupo de persoas vestidas de paisano o 12 de maio de 1977. Foi internada no campo de concentración de La Cacha. A CIG localizou a excompañeiros de cativerio que relataron a súa vida e a doutros dous galegos no campo en 1999."La CIG entrega a Garzón un dossier sobre 30 gallegos desaparecidos en Argentina", La Voz de Galicia, 12-11-1999, p. 24. O equipo xurídico da CIG pediu ao xuíz Baltasar Garzón que dictara auto de procesamiento e busca internacional contra 25 militares arxentinos aos que imputaba a desaparición de 76 persoas, entre as que figuraban os galegos María Seoane Toimil e José Monteagudo Ferreiro.La Voz de Galicia, 13-11-1999, p. 18.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Desaparecidos pola ditadura arxentina
Ligazóns externas
María Seoane Toimil. Una luchadora social asesinada por Videla Ficha en Víctimas Ficha no Parque de la Memoria
Categoría:Desaparición forzada de persoas Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1952