Balsareny é un concello catalán da comarca de Bages. Atópase nun terreo ondulado onde salientan os bosques de piñeito branco. O termo municipal está ben comunicado pola estrada ao ser atravesado polo Eix del Llobregat e pola estrada BP-4313, que enlaza Balsareny con Súria e Avinyó.

Etimoloxía A etimoloxía do topónimo Balsareny provén da xustaposición das verbas balç e areny. Tanto o castelo, orixd da poboación, como a propia vila atópanse a carón duns riscos conformados polo Llobregat en solos areosos, característicos das chairas fluviais que completan o conxunto central do termo. O primeiro documento histórico que fai referencia a esta vila data do ano 951, chamándoa Balceringia; noutro documento do mesmo ano fálase do pago Balzarenensi, e en documentos dos anos 966 e seguintes se chámaselle Balzarenne, Balciaregno, Balceren, Balciaren e outras variantes que proveñen da devandita etimoloxía.

Demografía Conta cunha poboación de 3 249 habitantes (INE 2022).

Notas

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona