Spy Kids: Armageddon é un filme estadounidense de 2023 coproducido, editado e dirixido por Robert Rodriguez, quen tamén escribiu o guión xunto ao seu fillo, Racer Max. É unha secuela de Spy Kids: All the Time in the World (2011) e o quinto título da franquía cinematográfica Spy Kids. Producido por Skydance Media, Spyglass Media Group e Troublemaker Studios, está protagonizado por Gina Rodriguez, Zachary Levi, Connor Esterson e Everly Carganilla..
Spy Kids: Armageddon estreouse o 22 de setembro de 2023 a través de Netflix, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.
Sinopse Cando os fillos dos maiores axentes secretos do mundo axudan sen querelo a un poderoso programador de xogos a liberar un virus informático que lle dá o control de toda a tecnoloxía, deben converterse eles mesmos en espías para salvar os seus pais e o mundo.
Personaxes Gina Rodriguez como Nora Torrez Zachary Levi como Terrence Tango Connor Esterson como Antonio "Tony" Tango-Torrez Everly Carganilla como Patricia "Patty" Tango-Torrez D. J. Cotrona como Devlin Billy Magnussen como Rey “The King” Kingston Joe Schilling como a voz de Heck Knight Solar Dena Bennett e Fabiola Andújar como Axentes OSS Isaac Garza como anfitrión do torneo Krystle Gutierrez como locutor das novas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Rodriguez Categoría:Filmes de Spyglass Entertainment Categoría:Filmes de Skydance Productions Categoría:Filmes producidos por Robert Rodriguez Categoría:Filmes producidos por Elizabeth Avellán Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego