Unha encefalina é un pentapéptido que intervén na regulación da nocicepción (sensación de dor) no corpo. As encefalinas denomínanse ligandos endóxenos, xa que son derivados formados internamente no corpo e únense aos receptores de opiáceos corporais. Atopáronse dúas formas de encefalina, descubertas en 1975, unha que contén leucina ("Leu") e outra que contén metionina ("Met"). Ambas as dúas son produtos do xene da proencefalina. A Met-encefalina é Tyr-Gly-Gly-Phe-Met. A Leu-encefalina é Tyr-Gly-Gly-Phe-Leu.

Péptidos opiáceos endóxenos

Hai tres familias ben caracterizadas de péptidos opiáceos producidos polo corpo: encefalinas, β-endorfina e dinorfinas. A secuencia do péptido Met-encefalina está codificada no xene da encefalina, mentres que a secuencia da Leu-encefalina está codificada tanto polo xene da encefalina coma polo xene da dinorfina.Opioid peptides: Molecular pharmacology, biosynthesis and analysis , R.S. Rapaka and R. L. Hawks (editors) in a National Institute on Drug Abuse Research Monograph (#70), 1986. O xene da proopiomelanocortina (POMC) tamén contén a secuencia da Met-encefalina no N-terminal da beta-endorfina, pero o péptido endorfina non é procesado para lugar a encefalina.

Efectos sobre o estrés A encefalina é tamén considerada un neuropéptido, o cal no corpo humano actúa como unha importante molécula de sinalización no cerebro. As encefalinas atópanse en alta concentración no cerebro e nas células da medula adrenal. En resposta á dor a norepinefrina (ou noradrenalina), unha hormona que é activada na resposta de loita ou fuxida, libérase xunto con endorfinas. Un estudo de 2017 indica que este polipéptido pode ser ligado ao funcionamento do cerebro durante a resposta ao estrés, especialmente no hipocampo e no córtex prefrontal. Esta investigación suxeriu que, como parte da resposta ao estrés, varios análogos da Met-encefalina incrementan a súa actividade no hipocampo, mentres que os análogos da Leu-encefalina e as somatostatinas son regulados á baixa durante o estrés. Os estresantes poden afectar aos neuropéptidos cuxa acción está localizada nunha rexión específica do cerebro.

Receptor de encefalina Os receptores da encefalina son os receptores opiáceos delta e receptores opiáceos mu. Os receptores opiáceos son un grupo de receptores acoplados á proteína G que teñen tamén outros opiáceos como ligandos. Os outros opiáceos endóxenos son as dinorfinas (que se unen a receptores kappa), endorfinas (a receptores mu), endomorfinas e nociceptina/orfanina FQ. Os receptores opiáceos son ~40 % idénticos aos receptores da somatostatina (SSTRs).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Endorfina Encefalinase Péptido opiáceo

Ligazóns externas

Categoría:Péptidos opiáceos