Luis Mario Milla Alvéndiz, nado en La Rinconada o 31 de decembro de 1982, é un árbitro de fútbol español, que milita na Segunda División. Pertence ao Comité Andaluz de Árbitros.

Traxectoria Comezou no mundo da arbitraxe en 1998, pola influencia do seu cuñado, o tamén árbitro Abraham Ballano. Foi subindo polas diferentes categorías do fútbol andaluz e na tempada 2012/13 debutou na Segunda División B. Despois de cinco anos na categoría de bronce, en 2017 conseguiu o ascenso a Segunda. Dende entón acumula máis de 130 partidos na segunda categoría do fútbol español, entre eles dous da promoción de ascenso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .

Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Nados en 1982 Categoría:Árbitros de fútbol de España Categoría:Personalidades sen imaxes