miniatura|Embrión humano de 31-34 días. O saco vitelino (en terminoloxía latina saccus vitellinus, vesicula umbilicalis) é un saco membranoso unido ao embrión, formado por células da capa do hipoblasto do disco embrionario bilaminar. Tamén se lle chama vesícula umbilical en Terminologia Embryologica (TE), aínda que saco vitelino é moito máis usado. En humanos o saco vitelino é importante para a subministración de sangue ao embrión temperán, e gran parte del incorpórase ao tracto gastrointestinal primordial durante a cuarta semana de desenvolvemento embrionario.The Developing Human: Clinically Oriented Anatomy: Capítulo 7
En humanos
miniatura|Contido da cavidade uterina visto a aproximadamente 5 semanas de idade xestacional por ultrasonografía obstétrica. miniatura|Imaxe coloreada artificialmente que mostra o saco xestacional, o saco vitelino e o embrión (a distancia entre os signos + é de 3 mm). O saco vitelino é o primeiro elemento que se observa no saco xestacional durante o embarazo, xeralmente aos 3 días de xestación.
O saco vitelino está situado na parte frontal (ventral) do embrión; está tapizado polo endoderma extraembrional, fóra do cal hai unha capa de mesénquima extraembrional, derivada do epiblasto.
O sangue chega á parede do saco vitelino a través da aorta primitiva e despois circula a través dun plexo de capilares que forman unha densa rede, torna polas veas vitelinas do corazón tubular que nese momento ten o embrión. Isto constitúe a circulación vitelina, que nos humanos é o lugar onde se produce a hematopoese. Antes de que se forme a placenta e empece a funcionar como elemento circulatorio, o saco vitelino proporciona nutrición e realiza o intercambio de gases entre a nai e o embrión en desenvolvemento.
Ao final da cuarta semana, o saco vitelino ten a aparencia dunha pequena vesícula con forma de pera (tradicionalmente chamada vesícula umbilical), que comunica co tubo dixestivo por un tubo longo estreito, o conduto vitelino ou onfalomesentérico. Raramente pode verse o saco vitelino despois do necemento como un corpo pequeno e máis ou menos oval cuxo diámetro varía de 1 mm a 5 mm; está situado entre o amnio e o corion e pode situarse sobre ou a certa distancia da placenta. Este saco vitelino residual non ten importancia clínica.
Como regra o conduto sofre unha completa obliteración na semana 20ª a medida que a maioría do saco vitelino se incorpora ao tracto gastrointestinal en desenvolvemento, pero nun 2 % dos casos a súa parte proximal persiste como divertículo do intestino delgado, o chamado divertículo de Meckel, que está situado a uns 60 cm en dirección proximal da válvula ileocecal, e pode estar unido por medio dun cordón fibroso á parede abdominal no embigo.
Ás veces pode observarse un estreitamento do lume do íleo fronte ao sitio de unión do conduto.
Histoxénese O saco vitelino empeza a formarse durante a segunda semana de desenvolvemento embrionario, ao mesmo tempo que se orixina o saco amniótico. O hipoblasto comeza a proliferar lateralmente e a descender. Mentres tanto, a mambrana de Heuser, situada no polo oposto da vesícula en desenvolvemento, empeza a súa proliferación cara a arriba e ponse en contacto co hipoblasto.
Modificacións Saco vitelino primario: é a vesícula que se desenvolve na segunda semana; o seu piso é representado pola membrana de Heuser e o seu teito é o hipoblasto. Tamén se chama cavidade exocelómica. Saco vitelino secundario: esta estrutura fórmase cando o mesoderma extraembrionario se separa para formar o celoma extraembrionario; células do mesoderma evaxinan unha área do saco vitelino e o que queda é o saco vitelino secundario. Saco vitelino final: durante a cuarta semana de desenvolvemento, durante a organoxénese, parte do saco vitelino é rodeado polo endoderma e incorporado ao embrión como parte do intestino. A parte restante do saco vitelino é o saco vitelino final.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tumor de saco vitelino
Bibliografía
Categoría:Embrioloxía