é unha novela de Kunihiko Ikuhara. Consta de dous volumes, ilustrados por Mamoru Nagano. O álbum conceptual Schell:Bullet サナフス68 (2000), composto por Tenpei Sato, foi creado como acompañamento para as novelas.
Resumo Por mor dunha manipulación xenética, a sociedade humana segregouse en función dos xenes. Os Majors, humanos intersexuais, manteñen o monopolio do material xenético máis forte; pola súa banda, os Minors son un grupo inferior que mantén o binarismo sexual. Segundo Ikuhara, a súa intención era crear "unha raza que combinase as partes boas de homes e mulleres". O protagonista, Ors Break, finxe ser un Major e logra ser contratado pola empresa de comercio intergaláctico Balt Liner Corporation como piloto de schell, un tipo de mechas bio-orgánicos. Tras ser descuberta a súa condición de Minor, chega a un acordo co seu xefe, o Major Delbee Ibus, para continuar traballando coa organización.
Produción Sheruburitto foi publicada por Be-Papas tras o lanzamento de Shōjo Kakumei Utena: Adoresensu Mokushiroku 少女革命ウテナ アドゥレセンス黙示録 ("Utena, a rapaza revolucionaria: Apocalipse adolescente", 1999), pouco antes do traslado de Ikuhara aos Ánxeles. Ikuhara e Nagano promoveron a novela facendo cosplay de personaxes de Sailor Moon durante un evento. A pesar de diversas ofertas, a novela nunca chegou a adaptarse en formato de anime.
Obra Novelas Sheruburitto foi publicada pola editorial Kadokawa Shoten. A novela consta de dous volumes: ADEN ARABIE (1999) e ABRAXAS (2000). Ambos conteñen ilustracións de Nagano baseadas en personaxes e lugares da obra, así como diagramas dos schells. +N.ºTítuloData de publicaciónISBN1シェルブリット〈I〉ADEN ARABIE01/09/1999978-40485309102シェルブリット〈II〉ABRAXAS01/07/2000978-4048531290
Álbum Schell⋮Bullet サナフス68 (2000) é un álbum conceptual composto por Tenpei Saito. Inclúe as voces de Ikuhara e Maria Kawamura.
Foi publicado por Starchild Records o 21 de xullo do 2000.
Notas
Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Novelas Categoría:Literatura en lingua xaponesa