Con tarxeta podemos referirnos a: Unha tarxeta intelixente é unha tarxeta que inclúe un chip no que se pode almacenar información. Unha tarxeta de banda magnética é un tipo de tarxeta capaz de almacenar datos modificando o magnetismo da súa banda. Unha tarxeta de proximidade contén unha pequena cantidade de información que pode ser lida sen necesidade de contacto físico co dispositivo lector. Unha tarxeta de crédito, ou a unha tarxeta de débito, tarxetas de plástico que serven para realizar compras. Unha tarxeta de felicitación, tarxetas de papel entregadas en ocasións especiais. Unha tarxeta perforada, un antigo sistema de almacenamento de datos. Unha tarxeta de negocios, pequena tarxeta coa información de contacto dunha persoa ou empresa. Unha tarxeta sanitaria, empregada para identificar ao paciente. Tarxetas de penalización por incumprir as regras do xogo, utilizadas en distintos deportes. Exemplo: tarxeta amarela, tarxeta vermella. Unha tarxeta SIM, tarxeta intelixente que identifica ao subscritor dun servizo de telefonía móbil.
Na placa base dun ordenador atopamos distintas placas con circuítos impresos: A tarxeta gráfica, ou tarxeta de vídeo, encargada de xerar a información visual presentada na pantalla do ordenador. A tarxeta de rede, que permite a un ordenador conectarse a unha rede informática. A tarxeta de son, que transforma a información que lle chega do microprocesador en son. A tarxeta de Nadal, coa que se felicitan as festa de Nadal.