Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Xeografía Situación Limita cos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Malpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as de Tella (1.102 habitantes no 2018), Corme Porto (1.077 habitantes no 2018) e Cospindo (679 habitantes no 2018). Os centros médicos atópanse no lugar de Ponteceso e en Corme Porto, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.
Demografía
Censo total 5.789 (2015) Menores de 15 anos 515 (8.9 %) Entre 15 e 64 anos 3.481 (60.13 %) Maiores de 65 anos 1.793 (30.97 %)
150px|miniatura|esquerda|Casa consistorial.
Cultura Toponimia O topónimo da vila provén do latín Ponte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, se derrubou dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).
O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.
Etnografía Festas e celebracións En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.
Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe, e a segunda fin de semana de setembro celébrase a festa da Barquiña que é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais. Outras festas relevantes son a da Virxe do Faro, celebrada o 8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o 20 de agosto. Ademais no Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.
Entre as festas destacan: miniatura|Capela Virxe do Faro Na parroquia de Brantuas: San Xulián o día 7 de xaneiro, este santo é o patrón da parroquia. Romaría da Virxe do Faro, celebrase o 8 de setembro, O Sacramento que se celebra o primeiro domingo de agosto Na parroquia de Cospindo: Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto. Festa da Barquiña que é a segunda fin de semana de setembro, esta é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais. Na parroquia de Corme Porto: Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe. O 16 de xullo (con véspera o 15 ) celébrase a Festa do Carme. O último domingo de agosto (con véspera o sábado) e o luns e martes seguintes celébrase a festa de San Roque. O 24 de setembro (con véspera o 23) celébranse as festas patronais na honra da Virxe dos Remedios. Na parroquia da Graña: San Bernardo da Graña, celebrase o 20 de agosto
Economía A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desenvolveu un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Ponteceso Lugares de Ponteceso Camiño dos Faros
Categoría:Ponteceso Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía