thumb|250px|Caulerpa lentillifera 250px|thumb|Caulerpa holmesiana 250px|thumb|Caulerpa taxifolia thumb|250px|Caulerpa prolifera, planta invasora del Mar Menor, España. 250px|thumb|Caulerpa racemosa 250px|thumb| Caulerpa sertularioides thumb|250px|Caulerpa serrulata Caulerpa é un xénero de algas de mar, da familia Caulerpaceae, que se inclúen dentro das algas verdes.

O termo provén do grego, de caulos, talo, e erpo, eu repto.

Morfoloxía Os talos están compostos por estolóns horizontais, ancorados por rizoides sen cor, sostendo frondes fotosintéticos de extrema diversidade morfolóxica, incluíndo estruturas como unha herba, como follas, pinnadas, esponxosas ou vesiculares; e con ramificacións radiais ou bilaterais. A redución de luz tamén produce cambios nas partes erectas, dunha simetría radial a bilateral. O seu crecemento é apical e indeterminado.M.D. Guiry in Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2013. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. http://www.algaebase.org; consultado o 14 de outubro de 2013.

Contén amiloplastos mesturados con cloroplastos. Son pouco comúns, debido a que consisten nunha célula con moitos núcleos, polo que están entre as células máis grandes do mundo. Unha especie no Mediterráneo pode ter un estolón de máis de 3 m de longo, con 200 ramificacións. Poden chegar a alcanzar o metro de tamaño.

Hábitat e distribución O seu rango de profundidade vai desde a zona intermareal até os 180 m, e o rango de temperatura, oscila entre os 15 e os 29 °C.http://eol.org/pages/9714/details Fíxase tanto en zonas areosas de pastos mariños, como en rochas ou esqueletos de corais.

A súa distribución xeográfica é global tropical a subtropical, con especies no mar Mediterráneo e en augas temperadas de Australia. A maior diversidade de especies dáse no sur de Australia.

A especie Caulerpa taxifolia estase volvendo unha especie invasora no mar Mediterráneo, Australia e sueste de California, onde está a ser erradicada. Hai especies de Caulerpa capaces de vivir en aguas temperadas sen predadores, contribuíndo á súa rápida propagación. Moitas especies Caulerpa de augas tropicais teñen herbívoros inmunes ao seus tóxicos, mais os herbívoros de auga temperada carecen desta inmunidade natural a estas toxinas, polo que Caulerpa crece abundantemente ao introducila en augas temperadas.

Consumo humano Algunhas especies, especialmente Caulerpa lentillifera e Caulerpa racemosa, son coñecidas como uva de mar ou caviar verde, consómense e teñen un sabor a pementa. As Caulerpa consómense na cociña de Indonesia, ás veces fresca, ou cocida en azucre. Crece ben na provincia de Cebú, Filipinas, para consumo doméstico, e para exportalo ao Xapón. O alcaloide caulerpina encontrado en Caulerpa pode ser velenoso.

Caulerpa foi común no hobby do acuario, por ser un absorbedor de nitratos, debido ao seu rápido crecemento en condicións adversas. Tamén se usa como refuxio para absorbentes de nitritos. Moitas introducións da invasora Caulerpa ao ambiente crese que ocorreron vía as verteduras dos acuarios. Caulerpa taxifolia está na lista federal dos EUA de maleza tóxica (Plant Protection Act).

Especies O Rexistro Mundial de Especies Mariñas acepta as seguintes especies no xénero:Guiry, Michael D. (2013). Caulerpa J.V. Lamouroux, 1809. In: Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2013). AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway (taxonomic information republished from AlgaeBase with permission of M.D. Guiry). Accessed through: World Register of Marine Species at http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=143816. Consultado o 14-10-2013

Caulerpa agardhii. Weber-van Bosse, 1898 Caulerpa alternans. Womersley, 1956 Caulerpa antoensis. Yamada, 1940 Caulerpa articulata. Harvey, 1855 Caulerpa ashmeadii. Harvey, 1858 Caulerpa bartoniae. G.Murray, 1896 Caulerpa bikinensis. W.R.Taylor, 1950 Caulerpa biserrulata. Sonder, 1871 Caulerpa brachypus. Harvey, 1860 Caulerpa brownii. (C.Agardh) Endlicher, 1843 Caulerpa buginensis. E.Verheij & Prud'homme van Reine, 1993 Caulerpa cactoides. (Turner) C.Agardh, 1817 Caulerpa cliftonii. Harvey, 1863 Caulerpa constricta. I.R.Price, J.M.Huisman & M.A.Borowitzka, 1998 Caulerpa corynephora. Montagne, 1842 Caulerpa cupressoides. (West) C.Agardh, 1817 Caulerpa dichotoma. Svedelius, 1906 Caulerpa diligulata. Kraft & A.J.K.Millar, 2000 Caulerpa distichophylla. Sonder, 1845 Caulerpa ellistoniae. Womersley, 1955 Caulerpa elongata. Weber-van Bosse, 1898 Caulerpa falcifolia. Harvey & Bailey, 1851 Caulerpa faridii. Nizamuddin, 1964 Caulerpa fastigiata. Montagne, 1837 Caulerpa fergusonii. G.Murray, 1891 Caulerpa filicoides. Yamada, 1936 Caulerpa filiformis. (Suhr) Hering, 1841 Caulerpa flexilis. J.V.Lamouroux ex C.Agardh, 1823 Caulerpa floridana. W.R.Taylor, 1960 Caulerpa freycinettii. Caulerpa gracilis. (Zan.) Web. V. B. Caulerpa harveyi. F.Müller ex Harvey, 1859 Caulerpa hedleyi. Weber-van Bosse, 1910 Caulerpa heterophylla. I.R.Price, J.M.Huisman & M.A.Borowitzka, 1998 Caulerpa hodkinsoniae. J.Agardh, 1887 Caulerpa holmesiana. G.Murray, 1891 Caulerpa imbricata. G.Murray, 1887 Caulerpa integerrima. (Zanardini) M.J.Wynne, Verbruggen & D.L.Angel, 2009 Caulerpa juniperoides. J.Agardh, 1873 Caulerpa kempfii. A.B.Joly & S.M.B.Pereira, 1975 Caulerpa lagara. Carruthers, Walker & Huisman, 1993 Caulerpa lanuginosa. J.Agardh, 1873 Caulerpa lentillifera. J.Agardh, 1837 Caulerpa lessonii. Bory de Saint-Vincent, 1828 Caulerpa manorensis. Nizamuddin, 1964 Caulerpa matsueana. Yamada, 1940 Caulerpa mexicana. Sonder ex Kützing, 1849 Caulerpa microphysa. (Weber-van Bosse) Feldmann, 1955 Caulerpa murrayi. Weber-van Bosse, 1898 Caulerpa nummularia. Harvey ex J.Agardh, 1873 Caulerpa obscura. Sonder, 1845 Caulerpa occidentalis. (J. Ag.) Boergs Caulerpa okamurae. Weber-van Bosse, 1897 Caulerpa oligophylla. Montagne, 1842 Caulerpa ollivieri. Dostál, 1929 Caulerpa opposita. Coppejans & Meinesz, 1988 Caulerpa papillosa. J.Agardh, 1873 Caulerpa parvula. Svedelius, 1906 Caulerpa paspaloides. (Bory de Saint-Vincent) Greville, 1830 Caulerpa peltata. J.V.Lamouroux, 1809 Caulerpa pickeringii. Harvey & Bailey, 1851 Caulerpa pinnata. C.Agardh, 1817 Caulerpa plumulifera. Zanardini, 1878 Caulerpa prolifera. (Forsskål) J.V.Lamouroux, 1809 Caulerpa pusilla. (Kützing) J.Agardh, 1873 Caulerpa qureshii. Nizamuddin, 1964 Caulerpa racemosa. (Forsskål) J.Agardh, 1873 Caulerpa remotifolia. Sonder, 1853 Caulerpa reniformis. G.R.South & Skelton, 2003 Caulerpa reyesii. Meñez & Calumpong, 1982 Caulerpa scalpelliformis. (R.Brown ex Turner) C.Agardh, 1817 Caulerpa sedoides. C.Agardh, 1817 Caulerpa selago. (Turner) C.Agardh, 1817 Caulerpa serrulata. (Forsskål) J.Agardh, 1837 Caulerpa sertularioides. (S.G.Gmelin) M.A.Howe, 1905 Caulerpa seuratii. Weber-van Bosse, 1910 Caulerpa simpliciuscula. (R.Brown ex Turner) C.Agardh, 1823 Caulerpa spathulata. Womersley & A.Bailey, 1970 Caulerpa subserrata. Okamura, 1897 Caulerpa taxifolia. (M.Vahl) C.Agardh, 1817 Caulerpa trifaria. Harvey, 1863 Caulerpa turbinata. (J. Ag.) Eubank Caulerpa vanbossea. Setchell & N.L.Gardner, 1924 Caulerpa veravalensis. Thivy & V.D.Chauhan, 1963 Caulerpa verticillata. J.Agardh, 1847 Caulerpa vesiculifera. (Harvey) Harvey, 1863 Caulerpa webbiana. Montagne, 1837 Caulerpa zeyheri. Kützing, 1857

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Algas usadas como alimento humano Informe ITIS Algaebase.org: Ficha do gxnero.

Categoría:Caulerpaceae