Victoria Castillo García, coñecida como Victoria García e tamén como Victoria Pinal, nada en Pontevedra o 28 de agosto de 1985, é unha mestra, xornalista e escritora galega.

Traxectoria Estudou no IES Valle Inclán de Pontevedra, licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, fixo a diplomatura en Educación Primaria na Universitat Rovira i Virgili de Tarragona, na que tamén fixo un mestrado de Sociedades Históricas e Formas Políticas en Europa.

Comezou traballando para diversos xornais como redactora ou maquetadora e durante un curso foi profesora na Universidade Rovira i Virgili.

Exerce de mestra de Educación Primaria no Morrazo.

Obras

Literatura infantil As formiguiñas filandeiras (2021). Ilustracións de Laura Cortés. A Coruña: Hércules Ed. 32 páxs. ISBN 978-84-122906-9-1. Las hormiguitas filanderas (2021). Ilustracións de Laura Cortés. A Coruña: Hércules Ed. 32 páxs. ISBN 978-84-122906-8-4 (en castelán) Les formiguetes enfiladores (2021). Ilustracións de Laura Cortés. A Coruña: Hércules Ed. 32 páxs. ISBN 978-84-123211-0-4 (en catalán) Un segredo entre as nubes (2023). Ilustracións de Nuria Díaz. A Coruña: Hércules Ed. 48 páxs. ISBN 978-84-19754-23-3. Un secreto entre las nubes (2023). Ilustracións de Nuria Díaz. A Coruña: Hércules Ed. 48 páxs. ISBN 978-84-19754-22-6. (en castelán) Un secret entre els núvols (2023). Ilustracións de Nuria Díaz. A Coruña: Hércules Ed. 48 páxs. ISBN 978-84-19754-24-0. (en catalán)

Narrativa Tiña eu razón (2026). Vigo: Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-1110-807-2. Relatos que desvelan o que se agocha baixo a superficie do cotián.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista no Diario de Pontevedra en 2021. Entrevista en Pontevedra Viva, 2023.

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1985 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua catalá Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia