Pieter-Steph du Toit, nado o 20 de agosto de 1992 en Cidade do Cabo, é un xogador profesional de rugby que xoga na posición de terceira liña no club xaponés Toyota Verblitz e na selección de Suráfrica. Como xogador dos Springboks gañou dúas veces a Copa do Mundo de Rugby nas edicións de Xapón 2019 e Francia 2023. Despois de gañar o Mundial de 2019 foi premiado por World Rugby como mellor xogador do mundo, e na edición de 2023 foi elixido mellor xogador da final na que derrotaron a Nova Zelandia. Equipos (2012) - (2015) Sharks (2016) - (2021) Stormers (2022) - (........) Toyota Verblitz Títulos Coa selección de Suráfrica Copa do Mundo de Rugby = 2019, 2023 Rugby Championship = 2019, 2024 Co equipo dos Sharks Currie Cup = 2013
Véxase tamén Ligazóns externas Pieter-Steph du Toit en SA Rugby Categoría:Xogadores de rugby de Suráfrica Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Cidade do Cabo